miniatura|Ovo de Picus vaillantii MHNT O peto mourisco (Picus vaillantii), é un membro de gran tamaño da familia dos pícidos que vive en África.

Taxonomía O peto mourisco considérase ás veces unha subespecie do Picus viridis europeo. É monotípico, xa que non ten subespecies.

Esta especie foi nomeada en honra do explorador francés e ornitólogo François Le Vaillant.

Distribución e hábitat Vive nos tres países do Magreb: Marrocos, Alxeria e Tunisia no noroeste de África. Reprodúcese en bosques de montaña ata a liña en que desaparecen as árbores arredor dos 2000 m de altura.

Descrición O peto mourisco ten un ha lonxitude de 30–33 cm e unha envergadura de 45–51 cm. É moi similar ao Picus viridis (peto verdeal europeo) e ao Picus sharpei (peto verdeal ibérico), especialmente as femias. Tanto o P. vaillantii coma o P. sharpei eran antes considerados subespecies de P. viridis.

O peto mourisco é de cor negra pola parte superior e verde amarelado pola inferior, cunha caluga carmesí. A zona do bigote negro ten unha beira clara pola parte de arriba. O sobrecú é amarelo cromo e a parte externa das rémixes primarias está barrada en negro e branco. O peteiro e os pés son de cor gris lousa.

Os sexos son similares agás en que o macho ten unha coroa carmesí, mentres que a coroa das femias é gris. Igual que en P. sharpei ambos os sexos carecen de cor negro entre o peteiro e o ollo e arredor do ollo, que presentan a maioría das formas de P. viridis.

Comportamento Aliméntase de insectos que captura sacando cun rápido movemento da súa longa lingua, e quedan pegados nela por unha saliva pegañenta da punta da lingua. Aínda que é unha ave grande e pesada, ten un voo fácil e seguro. O seu niño é un burato nunha árbore, e nel pon de 4 a 8 ovos brancos brillantes sobre estelas de madeira.

Notas

Categoría:Pícidos