Bibopalula é unha serie de televisión galega de animación de 2024. Creada por Laura e Andrés Mahía, considérase a primeira serie musical de animación en lingua galega. Emítese a través da plataforma dixital do Xabarín Club, da TVG e os primeiros 20 episodios estreáronse o 29 de novembro de 2024. Os seguintes 20 episodios da serie estreáronse o 21 de decembro de 2024. A serie conta con 55 cancións que foron compostas por Santi Jul e Iván Laxe.

Sinopse Bibopalula conta as aventuras da Banda do Bosque e a súa descuberta dos ciclos naturais do bosque, como a chegada do inverno ou a migración das cegoñas, acompañadas de cancións. Os personaxes principais son catro paxaros, un paporrubio, un merlo, unha pega e un picapau, que forman un grupo de música.

Personaxes Robin, o paporrubio. Merli, o merlo. Pegui, a pega. Carpin, o picapau.

Episodios

Capítulo 1: O nacemento da banda Capítulo 2: A canción das cores Capítulo 3: A poza Capítulo 4: O telescopio Capítulo 5: O ovo máis grande do mundo Capítulo 6: A carriola Capítulo 7: O globo Capítulo 8: O agasallo da Señora Curuxa Capítulo 9: Onde está a miña voz? Capítulo 10: A chegada dos birrios Capítulo 11: A néboa Capítulo 12: O Titanic Capítulo 13: O terremoto Capítulo 14: O anel Capítulo 15: O papaventos Capítulo 16: As estrelas Capítulo 17: As delicias das silveiras Capítulo 18: Bubi, a bubela rebelde Capítulo 19: A árbore do medo Capítulo 20: O furacán Capítulo 21: A primeira vez Capítulo 22: Que lle pasa a Carpin? Capítulo 23: A canción do vento Capítulo 24: As nubes Capítulo 25: O parrulo perdido Capítulo 26: A eclipse Capítulo 27: A postal Capítulo 28: O merlo branco Capítulo 29: O concerto no campanario Capítulo 30: O paxaro metálico Capítulo 31: Ata pronto! Capítulo 32: O gran festival Capítulo 33: Cantar falando Capítulo 34: Vaia comedia! Capítulo 35: Un día aburrido Capítulo 36: A neve Capítulo 37: Patinaxe sobre xeo Capítulo 38: Burbullas Capítulo 39: Festival de inverno Capítulo 40: A guitarra de xeo Capítulo 41: O moneco de neve Capítulo 42: O parrulo campión Capítulo 43: A eiruga Capítulo 44: O Titanic Capítulo 45: A cova Capítulo 46: Aquí hai xigantes Capítulo 47: Unha canción diferente Capítulo 48: A viaxe da curuxa Capítulo 49: A inundación Capítulo 50: A treboada Capítulo 51: A festa da primavera Capítulo 52: Amigos postais Capítulo 53: A canción favorita do señor Moucho Capítulo 54: A despedida Capítulo 55: A canción que faltaba

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Ligazóns externas Bibopalula na páxina oficial de xabarin.gal.

Categoría:Xabarín Club Categoría:Series da TVG Categoría:Series de televisión iniciadas en 2024 Categoría:Series de televisión de Galicia Categoría:Series de televisión en lingua galega