miniatura|Serapeo da Vila Adriana, Tívoli. miniatura| Serapeo de Empúries, Cataluña. Serapeum (en latín), serapeion (en grego), tamén serapeu ou serapeo, é o nome que daban os antigos romanos aos templos de Serapis e sobre todo ao construído en Alexandría por Tolomeo I Sóter, o chamado Serapeum de Alexandría.
Os exiptólogos dan preferentemente este nome aos monumentos funerarios dos bois de Apis, entre os que destaca o da necrópole de Menfis, chamado Serapeum de Saqqara, que foi descuberto en 1851 polo arqueólogo francés Auguste Mariette.
En tempos de Arístides o Orador (200 a. C.), Exipto tiña corenta e tres serapeos. Asia, Grecia e Italia tiñan un número igualmente grande. En Corinto uniuse o culto de Serapis co de Isis.Bautista Carrasco, Juan (1864) Mitología universal. Tomo I, p. 208.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Relixión exipcia antiga Relixión da Roma antiga Relixión da Grecia antiga Mitoloxía grega Sincretismo
Bibliografía
Bautista Carrasco, Juan (1864) Mitoloxía universal . Publicado por Imprenta y Librería de Gaspar y Roig. El contenido de este artículo incorpora material del dicionario enciclopédico popular ilustrado de Salvat dos anos 1906 a 1914 que é de dominio público.
Categoría:Templos do Antigo Exipto Categoría:Templos Categoría:Templos gregos Categoría:Templos romanos