O Equipo 64 foi un colectivo compostelán de cineastas activo cara ao ano 1964. Estivo conformado por Gonzalo Anaya, Enrique Banet e Ezequiel Méndez, que naquela época xestionaban o Cine-Club Universitario.
Historia O Equipo 64 estaba formado por Gonzalo Anaya, Enrique Banet e Ezequiel Méndez. A súa obra principal consta de catro documentais relacionados co Camiño de Santiago e a Costa da Morte. As pezas inclúen metraxe de peregrinos, imaxes tomadas dende unha estada colocada perante o Pórtico da Gloria e escenas de varias vilas costeiras.
Por outra banda, o grupo escribiu varios guións inéditos, incluído un sobre a figura de Castelao.
Filmografía El Camino de Santiago (1964) Pórtico de Compostela (1965) Malpica (1966) Cuatro plazas (1966)
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Cinema de Galicia