The Wrens foi unha banda estadounidense de indie rock procedente de Nova Jersey. O grupo estaba composto por Charles Bissell (guitarra/voces), brothers Greg Whelan (guitarra/voces), Kevin Whelan (baixo/voces), e Jerry MacDonald (batería). A banda publicou tres álbums de estudio, e un cuarto foi gravado e masterizado para ser lanzado en 2013, pero foi despois retirado. Despois de reelaborar as súas achegas, Bissell dixo que o novo álbum aparecería en 2021, pero a banda separouse pouco despois tras desacordos sobre cuestións económicas.
O grupo tiña unha reputación polos seus intensos concertos. Tras unha actuación no University of London Union en marzo de 2006, The Guardian declarou que "nesta forma, The Wrens son seguramente unha das mellores bandas en directo do mundo".
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Silver 1994 Grass Records Secaucus 1996 Grass Records The Meadowlands 2003 Absolutely Kosher Records
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Nova Jersey Categoría:Grupos musicais de inde rock Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais formados en 1989