Os Impresentables, tamén coñecidos como Os Impresentables de Vimianzo, foi unha banda de rock galega formada a principios dos anos 90 en Vimianzo. O grupo estaba composto por Benxamín Queiro Pérez (baixo e voz), Carlos Gómez Fernández (guitarra e coros), Xoán Anselmo Carballo Folgado (teclados e coros) e Alexandre González Cundíns (batería).

Os Impresentables tocaron no Castañazo Rock de 1994 en Chantada, no que se celebrou a Cea de Viana na que se fundou o bravú. Non chegarían a publicar ningún álbum, pero colaboraron nos recompilatorios Rock na Costa da Morte, cos temas "Maruxa" e "Enséñame a hacer el amor", e no Unión Bravú con “Que foi do rock & Roll”.

A banda separouse en 1997 pero os seus membros formaron no ano seguinte o grupo de folk-rock instrumental Barafunda, co que chegaron a publicar un álbum.

Notas

Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais de rock