A copa de Menendo e Tutadona, erroneamente chamada cáliz de San Xiraldo, é unha copa de mesa encargada arredor de 1004 ou 1008, por Menendo II Gundisalviz e Tutadona Moniz, condes do condado portucalense.

Descrición A copa, en prata dourada, está esculpida e estampada cun aro circundante, leóns e aguias están representados nas catro áreas redondas. O fuste, atravesado por arcos de ferradura, ten claramente unha influencia mozárabe.

Na base da copa atópase a seguinte inscrición:"In N(omi)ne D(omi)ni Menendus Gundisalvi Et Tuda D(o)mna Sum."

Cofre esquerda|miniatura|Cofre e copa de San Xiraldo.

Vai acompañado dun cofre de marfil, tamén mozárabe, da mesma época, quizais de Córdoba, cunha inscrición árabe parcialmente borrada:"En nome de Deus. A bendición de Deus, felicidade e fortuna sexan co hágibe Seifadaula, glorifícao Deus! por ter mandado facer este traballo ao seu servidor ... amarita."O conxunto exposto no Museo da Sé de Braga é símbolo dunha convivencia que non sempre foi belicosa entre cristiáns e árabes na Península Ibérica nos séculos X-XI.

Notas

Categoría:Obxectos arqueolóxicos Categoría:Cultura de Portugal Categoría:Historia medieval de Galicia Categoría:Historia medieval de Portugal