José Ramón Andrés Puerta, máis coñecido como José Andrés, nado en Mieres, Asturias o 13 de xullo de 1969 é un chef e restaurador hispano-americano, con nacionalidade estadounidense. É profesor e fundador do Global Food Institute da George Washington University.
Traxectoria
Primeiros anos e formación A familia de Andrés trasladouse a Cataluña cando tiña 6 anos. Estudou nunha escola de cociña de Barcelona aos 15 anos. Cando necesitaba completar o servizo militar español aos 18 anos, encargáronlle cociñar para un almirante do buque-escola Juan Sebastián Elcano.
Carreira profesional Andrés coñeceu a Ferran Adrià en Barcelona, e traballou tres anos en El Bulli, de 1988 a 1990. En decembro de 1990, foi despedido por Adrià e decidiu mudarse aos EUA.
Dise que popularizou o concepto das tapas nos Estados Unidos.
World Central Kitchen Andrés é o fundador de World Central Kitchen (WCK), unha organización sen ánimo de lucro centrada en dar comidas despois de desastres naturais. A WCK recadou cerca de 280 millóns de dólares entre 2019 e 2020. En 2022, WCK recibiu 519 millóns de dólares entre subvencións e doazóns.
Andrés dirixe as operacións de WCK coa axuda de ~200 devotos colegas incluído Sam Bloch.
En resposta ao terremoto de Haití de 2010, Andrés proporcionou pratos de cociña local para reconfortar as persoas afectadas. Desde a súa fundación, a ONG organizou comidas en varios países de Hispanoamérica e África e na fronteira polaca con Ucraína. Axudou durante a pandemia de COVID-19 e proporcionou axuda e comidas nos EUA e Porto Rico.
Honras Recibiu unha Medalla Nacional de Humanidades en 2015 nunha cerimonia presidida por Barack Obama na Casa Branca en 2016 polo seu traballo con World Central Kitchen e o premio Princesa de Asturias da Concordia en 2021. Nese mesmo ano, Jeff Bezos, propietario de The Washington Post e Amazon, entregoulle a Andrés 100 millóns de dólares a través do seu Courage and Civility Award.
Posicións políticas En 2015, Andrés planeaba abrir un restaurante no Trump International Hotel en Washington, D.C. Despois de que Donald Trump fixera comentarios despectivos sobre os inmigrantes mexicanos, Andrés retirouse do contrato con The Trump Organization, que o denunciou. Andrés presentou unha contra-demanda e as partes chegaron a un acordo en abril de 2017. O hotel de Trump pechou, foi vendido a CGI Merchant Group, e reaberto en 2022. Andrés anunciou que volvería alí para abrir o restaurante Bazaar, planeado no acordo de 2015 e inaugurado en 2023.
O 1 de abril de 2024, sete traballadores da WCK en Gaza morreron por varios ataques aéreos militares israelís na cidade de Deir al-Balah. Andrés, que previamente xustificara a resposta israelí aos atentados de Hamas, rexeitou as afirmacións de que o ataque non fora deliberado. Andrés afirmou que os sete traballadores foran "obxectivos asasinados sistematicamente, coche a coche". A guerra en Gaza, dixo, "xa non é unha guerra contra o terrorismo" senón unha "guerra contra a propia humanidade".
Vida persoal Andrés está casado con Patricia "Tichi" Fernández de la Cruz e ten tres fillas. Viven en Bethesda, Maryland. Coñeceu a súa muller mentres ambos vivían en Washington, D.C. Fíxose cidadán naturalizado dos Estados Unidos en decembro de 2013.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Organización sen ánimo de lucro
Categoría:Personalidades de Asturias Categoría:Profesores de Asturias Categoría:Empresarios de España Categoría:Activistas de España Categoría:Activistas polos dereitos humanos dos Estados Unidos de América Categoría:Cociñeiros dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1969 Categoría:Cociñeiros Categoría:Cociñeiros de España Categoría:Nados en Mieres Categoría:Nados en Asturias