Aarón Sánchez Martín, nado en Madrid o 10 de maio de 2003, é un futbolista español, que xoga de defensa central no Deportivo Fabril, da Segunda Federación.

Traxectoria Fillo do exfutbolista Ángel Sánchez Candil, xogador entre outros do Rayo Vallecano e o Deportivo da Coruña, comezou a xogar ao fútbol en pequenos clubs de Madrid como o Moratalaz. Cando tiña dez anos mudouse coa súa familia a Escocia, onde viviu ata os 13 anos en Edimburgo. Na capital escocesa militou na canteira do Hibernian. De regreso en Madrid xogou na escola de fútbol AFE e logo pasou polas canteiras do Santa Ana e o Marbella.

En 2021 ingresou no equipo xuvenil do Fuenlabrada, co que militou na División de Honra. O 26 de febreiro de 2023 debutou co primeiro equipo na Primeira Federación, nun partido ante o Mérida no Estadio Romano. Na tempada 2023/24 compaxinou o filial co primeiro equipo, co que sumou 11 encontros máis.

No verán de 2024 fichou polo Deportivo Fabril, que viña de ascender á Segunda Federación. Tras ser titular indiscutible nas primeiras xornadas, ás ordes de Óscar Gilsanz, o 4 de decembro debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña, de novo da man de Gilsanz, que collera as rendas do equipo unhas semanas antes. A súa estrea produciuse no estadio do Couto, na primeira rolda da Copa do Rei ante o Ourense CF, partido no que substituíu ao francés Pablo Martinez e que acabou en derrota (1-0).

Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopa do ReiTotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesFuenlabrada2022/231ª RFEF 1 0 00 102023/241ª RFEF11000110Total club12000120Fabril2024/252ª RFEF151 - -151Deportivo da Coruña2024/25Segunda001010Total carreira 17 1 10 181 Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos xogador en LaPreferente.com .

Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña