Jonathan Houseman Davis, nado o 18 de xaneiro de 1971 en Bakersfield (California), é o vocalista da banda estadounidense Korn, considerada unha pioneira do xénero nu metal.Buckley & Ellingham 2003, p. 565 A personalidade distintiva de Davis e a música de Korn influíron nunha xeración de músicos e intérpretes que viñeron despois deles.
Davis cofundou Korn en Bakersfield en 1993 tras a disolución de dúas bandas previas, Sexart e L.A.P.D. Liderara Sexart durante os seus anos como asistente de forense e rapidamente gañou notoriedade polas súas intensas e poderosas actuacións en directo con Korn.
Ademais de ser o vocalista do grupo tamén toca a batería e a gaita. Foi o último membro en unirse á banda. Nos comezos da mesma adoitaba levar roupa da marca Adidas nos concertos e primeiros videoclips, chegando a ser unha especie de "marca" do grupo e dos seus fans.
Notas
Bibliografía
Buckley, Peter; Ellingham, Mark (2003). Buckley, Peter (ed.). The Rough Guide to Rock. 3rd. Vol. Expanded and Completely Revised. London: Rough Guides. ISBN 978-1-843-53105-0
Véxase tamén
Ligazóns externas Blog oficial de Jonathan Davis
Categoría:Cantantes de California Categoría:Nados en Bakersfield Categoría:Nados en 1971 Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá