O río Eresma, tamén chamado Balsaín ou Valsaín no seu tramo superior, é un río da parte central de España, que discorre por Castela e León, polas provincias de Segovia e Valladolid. Pertence á cunca do río Douro, do que é subafluente pola súa marxe esquerda. Ten unha lonxitude de 134 km e rega unha cunca de 2940 km².
Curso miniatura|esquerda|Encoro á altura de Segovia. Nace no val de Valsaín, na serra de Guadarrama, da confluencia de varios regatos que baixan das abas de Peñalara, Siete Picos e Montón de Trigo, entre outras montañas.
Segue en dirección norte, pasando por San Ildefonso, Palazuelos de Eresma, San Cristóbal de Segovia e pola cidade de Segovia, a cal arrodea nun meandro pechado. Discorre en dirección noroeste, pasando polos concellos de Valverde del Majano, Hontanares de Eresma, Los Huertos, Armuña, Yanguas de Eresma, Bernardos, Carbonero el Mayor, Migueláñez, Navas de Oro, Coca, Villeguillo e Villaverde de Íscar.
Adéntrase na provincia de Valladolid por Llano de Olmedo, Aguasal, Olmedo, Pedrajas de San Esteban, Alcazarén e Hornillos de Eresma.
Posteriormente desemboca pola dereita no Adaja, río con menor caudal que o propio Eresma, no concello de Matapozuelos (Valladolid). Pola súa parte, o Adaja desemboca no río Douro uns 30 km augas abaixo, no lugar de Aniago, máis arriba de Tordesillas.
Afluentes miniatura|esquerda|Confluencia dos ríos Eresma (dereita) e Ciguiñuela (esquerda). Os seus afluentes máis importantes recíbeos pola esquerda, sendo o Moros, o Voltoya, o Frío, o Tejadilla e o Milanillos; pola dereita recibe o Cambrones e o Ciguiñuela, cuxo caudal é menor ao confluír a pé de serra.
Valor ecolóxico A súa cunca forma parte da Rede Natura 2000, estando catalogada como Zona de especial protección para as aves.
Notas
Categoría:Ríos de Castela e León