Chupóns (en ) é unha serie de televisión española de animación slapstick. A serie mostra a vida dun grupo de bonecos que vive na parte traseira dos coches. Chámanse Chupóns e son retortos e algo perversos, aínda que nada perigosos para o xénero humano. A serie é unha coprodución de Screen 21, Genoma Animation e Televisió de Catalunya. BRB Internacional distriúea a nivel mundial. Estreouse en Disney XD o 27 de febreiro de 2010 nos Estados Unidos

Estreouse en galego a través da plataforma dixital do Xabarín o 27 de decembro de 2024.

Sinopse O protagonista, Travis, é unha peluche azul que habita na lúa traseira dun vehículo corrente e que ten como compañeiro de viaxe un pequeno e tranquilo can chamado Constantine. Xuntos vivirán moitas aventuras e experiencias mentres viaxan e mostran ao espectador un novo punto de vista: o que se ve a través dos cristais dun automóbil xunto cos seus veciños doutros vehículos, como Kawaii, Mc Speacker, os Irmáns Vandross e Panda-8.

Premios 3º Premio 3D Art Futura España 2009. Premio MIPCOM JR Kids’ Jury 2009 á mellor serie de animación de 7 a 10 anos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de series de televisión con versión en galego Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión iniciadas en 2009 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2010 Categoría:Xabarín Club Categoría:Series de televisión con versión galega