miniatura|dereita|Rafael Quintía, o antropólogo que recolleu a lenda de Santa Eufemia

Na capela vella de Santa Eufemia de Albar (en Castelo, Cervo) celébrase cada 16 de setembro unha romaría dedicada a Eufemia de Ourense. É o único día que ten culto a capela, de propiedade privada. Acoden multitude de enfermos de distintas doenzas, especialmente problemas de pel, a beber da fonte que abrolla a carón da capela, ou ben a mollar un pano -ou un cueiro- na auga e lavar a parte do corpo que teña o mal, pano que logo se deixa nas árbores do arredor. Crese que, segundo vai secando o pano, irá secando o mal. Outra fórmula sanadora consiste en facer cruces sobre a cabeza do enfermo cunha pequena imaxe da santa mentres se reza unha oración pedíndolle que lle cure de todo mal. Lenda Ó redor da santa e da fonte corre unha lenda etiolóxico. Di que a santa era unha rapariga que ía alindar o gando nos prados que hai onde hoxe se levanta a ermida. Dunha volta escapóuselle un boi e non foi quen de arrecadalo. Cando volveu a casa e llo dixo á nai, esta alporizouse toda e berroulle: "Pois así vaias ti para o inferno!". E así foi: a cativa desapareceu e foi dar ó inferno.

Aínda que a nai axiña se arrepentiu do que dixera e quixo sacala do inferno, a meniña dixo que só podían facelo os padriños. A nai foi buscar os padriños que fixeron unha corda cos cueiros do bautismo e botárona ó inferno. A santa debía collerse ós cueiros e os padriños tirar da corda mentres recitaban unhas oracións, pero só a salvarían se remataban de rezar antes de que o cabo da corda lle chegase ó pescozo, porque se chegaba a esa altura antes de rematar de rezar, Eufemia quedaría no inferno condenada para sempre. A santa tivo a cautela de botar man á corda antes de que lle chegase ó pescozo, e así fixo tempo para que os padriños rematasen de rezar.

Deste xeito, Eufemia saír do inferno e regresar á terra, e por iso cómpre deixar os cueiros nas árbores e arbustos que medran ó redor da capela. E por iso, a imaxe da santa que alí se venera terma coa man dunha corda á altura do pescozo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Lendas galegas Categoría:Cervo