Alien: Romulus é un filme británico-estadounidense de 2024 dirixido por Fede Álvarez e escrito por Álvarez e Rodo Sayagues. Producido por Scott Free Productions e Brandywine Productions, forma parte da franquía Alien, e a súa historia sitúase entre os eventos de Alien (1979) e Aliens (1986). Está protagonizado por Cailee Spaeny, David Jonsson, Archie Renaux, Isabela Merced, Spike Fearn e Aileen Wu, que interpretan o papel de seis mozos colonos espaciais que se encontran un xenomorfo mentres estaban a saquear unha estación espacial.
Na CinemaCon de abril de 2019, 20th Century Fox anunciou os seus plans de producir novos filmes de Alien. Álvarez foi contratado como director en marzo de 2022, e Spaeny uniuse ao elenco como protagonista a finais dese mesmo ano. A rodaxe produciuse entre marzo e xullo de 2023.
Alien: Romulus estreouse nos Ánxeles o 12 de agosto de 2024, e nos cinemas dos Estados Unidos o 16 de agosto a través de 20th Century Studios. O filme recadou 350.9 millóns de dólares en todo o mundo e recibiu valoracións positivas. Os críticos eloxiaron as interpretacións de Spaeny e Jonsson, así como efectos visuais e prácticos, mais criticaron o uso excesivo da nostalxia e a inclusión dixital do personaxe do finado Ian Holm.
Personaxes Cailee Spaeny como Rain Carradine, unha mineira orfa David Jonsson como Andy, un androide reprogramado polo finado pai de Rain Archie Renaux como Tyler Harrison, irmán de Kay e exmozo de Rain Isabela Merced como Kay Harrison, irmá de Tyler Spike Fearn como Bjorn, curmán de Tyler e Kay, quen perdeu á súa nai por mor dun androide Aileen Wu como Navarro, unha piloto e irmá adoptiva de BjornTotal Film, "Cover Story: Unsafe Space", 24 de agosto, p. 36: "Bjorn's adopted sister Navarro (Aileen Wu)"
Notas
Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Scott Free Productions Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes sobre irmáns Categoría:Filmes sobre orfos Categoría:Filmes rodados en Budapest Categoría:Filmes con banda sonora de Benjamin Wallfisch Categoría:Filmes dirixidos por Fede Álvarez Categoría:Filmes sobre intelixencia artificial Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América