Shambhala (en ) é un filme nepalés de 2024 dirixido por Min Bahadur Bham a partir dun guión escrito por Bham e Abinash Bikram Shah. Está protagonizado por Thinley Lhamo, Tenzin Dalha e Sonam Topden. Shambhala é o filme máis caro do Nepal xamais feito, cun orzamento de 15 crore. Foi escollido para competir no Festival Internacional de Cinema de Berlín, onde competiu polo Oso de Ouro. O filme narra a traxectoria vital dunha refuxiada tibetana na procura do seu marido desaparecido, ao tempo que está embarazada.
É unha coprodución internacional entre o Nepal, Francia, Noruega, Hong Kong, a China, Turquía, Taiwán, os Estados Unidos e Qatar e estreouse o 23 de febreiro de 2024 no Berlinale Palast. Shambhala é o primeiro filme en lingua nepalesa en competir nun gran festival de cinema e o primeiro do sur de Asia en competir na sección principal do Festival Internacional de Cinema de Berlín en tres décadas. Foi escollido como candidato do Nepal para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes Thinley Lhamo como Pema Sonam Topden como Karma Tenzin Dalha como Tashi Karma Wangyal Gurung como Dawa Karma Shakya como Ram sir Loten Namling como o Rinpoche Tsering Lhamo Gurung como amigo de Pema Janga Bahadur Lama como pastor
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Filmes do Nepal propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua tibetana Categoría:Filmes en lingua nepalesa Categoría:Filmes do Nepal Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Noruega Categoría:Filmes de Hong Kong Categoría:Filmes da China Categoría:Filmes de Turquía Categoría:Filmes de Taiwán Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Qatar