Des Teufels Bad é un filme austríaco-alemán de 2024 escrito e dirixido por Veronika Franz e Severin Fiala, e protagonizado por Anja Plaschg. Baséase no libro Suicide by Proxy in Early Modern Germany: Crime, Sin and Salvation de Kathy Stuart, así como nos antecedentes penais de Agnes Catherina Schickin (Württemberg, Alemaña, 1704) e de Eva Lizlfellnerin (Puchheim, Austria, 1761-62). O filme conta a historia de Agnes, unha muller nova casada, que non se sente cómoda no mundo do seu marido.

Estrouse na Competición Principal do Festival Internacional de Cinema de Berlín, o 20 de febreiro de 2024, onde competiu polo Oso de Ouro. Foi lanzado en Austria o 8 de marzo de 2024 e recibiu valoracións positivas da crítica. Foi escollido como candidato de Austria para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Personaxes Anja Plaschg como Agnes Maria Hofstätter como Mother Gänglin David Scheid como Wolf Natalija Baranova como Ewa Schikin Lukas Walcher como Luke Claudia Martini Agnes Lampl Camilla Schilia

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Austria propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Austria Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes rodados en Austria Categoría:Filmes rodados en Alemaña Categoría:Filmes de Arte France Cinéma