Os afrocolombianos son un grupo étnico de colombianos que teñen ascendencia subsahariana de maneira predominante ou total. Nos censos nacionais de Colombia, os afrocolombianos son recoñecidos dentro de tres grupos oficiais: os raizais, os palenqueros e outros afrocolombianos.

A achega das súas expresións na vida nacional é salientable. A cumbia, un dos ritmos nacionais, e o sancocho,Cardona Tobón, Alfredo. Su majestad el sancocho. En: Historia y región, febreiro de 2011. o prato típico máis estendido, non existirían sen a súa participación. O nome de Macondo, central na creación de Gabriel García Márquez, ten orixe africana. Entre as achegas que a UNESCO recoñece como Patrimonio Inmaterial da HumanidadeSector de Cultura da UNESCO. Elementos sobre as listas de patrimonio cultural inmaterial, (Colombia). París, 2012. está a festa de San Pacho en Quibdó, a música de marimba do sur do Pacífico e os cantos tradicionais ao longo do Pacífico, o espazo cultural de Palenque de San Basilio e o entroido de Barranquilla.

A súa historia comeza coa escravitude de africanos traídos a Colombia polos españois e os británicos na primeira década do século XVI. Contra 1520, os africanos eran traídos de lugares como o Congo, Angola, o Camerún, Ghana, Liberia, Gambia, Costa do Marfil, Guinea-Bissau, Serra Leoa, o Senegal e MalíOrixe dos AfroColombianos. para substituír a poboación indíxena que diminuía rapidamente. A súa poboación medrou exponencialmente coa trata transatlántica ou comercio triangular. O longo proceso de manumisión comezado en 1851 só beneficiou os seus escravizadores,Tovar, Jorge A. La Manumisión en Colombia: 1821 -1851. Un análisis cuantitativo. Bogotá: Universidad de los Andes, 2007. mais foi o comezo dun poboamento e repoboamento libre que hoxe chega a representar o 90% da poboación na costa do Pacífico colombiano.Biblioteca Virtual Luis Ángel Arango. Pacífico colombiano . Bogotá, 2012. Outras rexións do país teñen porcentaxes importantes, como os máis de 110 mil afrodescendentes en Bogotá (datos de 2013).Diario El Tiempo. Bogotá negra (especial multimedia). Bogotá, 2 de outubro de 2013.

Contra mediados do século XX a poboación negra atopábase na súa maioría nas dúas costas do país; nos departamentos do Pacífico (Cauca, Chocó, Nariño e Valle del Cauca) e nos da costa Caribe (Antioquia, Atlántico, Bolívar, Cesar, Córdoba, La Guajira, Magdalena, San Andrés e Sucre). Durante o último medio século, un importante sector da poboación negra instalouse nas principais cidades do país. Colombia é actualmente o país de fala hispana con maior poboación afrodescendente, e o cuarto de América despois do Brasil, os Estados Unidos e Haití.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Afroamericano Ligazóns externas > AfroColombiany.org Afro-Colombian News

Categoría:Colombianos de ascendencia africana Categoría:Grupos étnicos de Colombia