Natividad Isabel González Preciado, nada en Madrid en 1948, é unha xornalista e escritora española.

Traxectoria Formouse como xornalista no diario falanxista Arriba, onde permaneceu até 1966 e de onde pasou ao desaparecido diario Madrid, no que permaneceu até 1971.

Especializada en información política, foi testemuña e transmisora dos importantes acontecementos acaecidos durante a época da Transición desde Diario ABC e a revista Interviú. En 1982 incorporouse á redacción da daquelas creada revista Tiempo.

A súa actividade como columnista de opinión en prensa escrita compaxinouna coa participación en faladoiros e debates tanto en radio como en televisión. Na radio, tras colaborar con Luis del Olmo en Protagonistas en Onda Cero, incorporouse á Cadea SER en 1996 e desde entón é unha das participantes habituais nos programas Hoy por Hoy e Hora 25 até mediados de 2011.

En televisión interveu nos espazos Hermida y Cía (1994-1996), La hora H (1996-1997), El primer café (1999-2003), con Isabel San Sebastián e La respuesta (2003-2004), Ruedo Ibérico (2004-2005) todos eles en Antena 3, así como 59 segundos (2004-2012) en TVE.

Desde finais dos anos sesenta cultivou o xénero da biografía e escribiu entre outras as dos boxeadores Cassius Clay e José Legrá. En 2012 presentou un novo libro sobre o seu contacto e experiencia coas novas tecnoloxías, e máis concretamente con Twitter. Ademais reflexiona sobre o paso do tempo. Titúlase Si yo tuviera 100.000 seguidores.

Actualmente, colabora como analista en Los desayunos de TVE (2008-actualidade), El debate de la 1, Al rojo vivo (2011-actualidade) en e La Sexta Noche (2013-actualidade) na Sexta. Forma parte do equipo de colaboradores da revista de actualidade Tiempo de Hoy.

Obra

Biografía completa de Cassius Clay (1969). Biografía completa de Legrá (1969). Las folclóricas (1973). Publicaciones Controladas. ISBN 978-84-7203-057-2. La cara de los Borbones (1975). AQ Ediciones. ISBN 978-84-7388-011-4. Fuera de campo (1991). Ediciones B. ISBN 978-84-406-2053-8. El sentir de las mujeres (1996). Ediciones Temas de Hoy. ISBN 978-84-7880-704-8. Amigos íntimos (1998). Temas de Hoy. ISBN 978-84-7880-911-0. El egoísta (1999). Planeta. ISBN 978-84-08-03369-1. Extrañas parejas (2000). Ediciones Temas de Hoy. ISBN 978-84-8460-065-7. Hablemos de la vida, con José Antonio Marina (2002). Ediciones Martínez Roca. ISBN 978-84-8460-202-6. Bodas de plata (2003). Planeta. ISBN 978-8408038320. Camino de hierro (2006). Espasa. ISBN 978-84-670-2492-0. Llegó el tiempo de las cerezas (2008). Espasa. ISBN 978-84-670-2867-6 Nadie pudo con ellos (2011). Espasa. ISBN 978-84-670-3735-7. Si yo tuviera 100.000 seguidores: Cómo seguir en la brecha cuando el mundo se abre a tus pies (2012). Planeta. ISBN 978-8408029816. Canta solo para mí (2014). Planeta. ISBN 978-84-08-12884-7. Hagamos Memoria (2016). Fundación José Manuel Lara. ISBN 978-84-15673-20-0. El Nobel y la corista (2019). Espasa. ISBN 978-84-670-5344-9. El Santuario de los Elefantes (2021). Espasa ISBN 978-84-08-25868-1. Palabras para Olivia (2024). Espasa. ISBN 978-84-670-7209-9.

Premios

1986, Premio Francisco Cerecedo. 1989, Premio Víctor de la Serna. 1999, Finalista do Premio Planeta, pola súa primeira novela El egoísta. 2000, Premio Pluma de Prata do Club da Escritura. 2007, Premio Primavera de Novela, por Camino de hierro. 2014, Premio Fernando Lara de Novela, por "Canta sólo para mí". 2018, Premio de Honra da Asociación da Prensa de Madrid aos méritos de toda unha vida profesional. 2019, Premio Internacional de Xornalismo Manuel Alcántara da Universidade de Málaga. 2021, Premio Azorín de Novela pola obra titulada El santuario de los elefantes.

Notas

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1948 Categoría:Novelistas de España Categoría:Xornalistas de España Categoría:Escritores en lingua castelá