It Takes Two é un videoxogo de acción e cooperativo de 2021 desenvolvido por Hazelight Studios e publicado por Electronic Arts. O motor de xogo é Unreal Engine 4. O xogo foi lanzado para PlayStation 4, PlayStation 5, Windows, Xbox One e Xbox Series X/S en marzo de 2021, e foi lanzado para Nintendo Switch en novembro de 2022.

Do mesmo xeito que o xogo de estrea de Hazelight A Way Out, It Takes Two non ten unha opción para un só xogador. Só se pode xogar en liña ou en pantalla dividida en modo multixogador cooperativo entre dous xogadores. O xogo segue a unha parella transformada en bonecos vivos mentres intentan buscar unha saída e reparar a súa relación.

It Takes Two recibiu críticas positivas e gañou varios premios, incluíndo o xogo do ano nos The Game Awards 2021 e os Premios Anual D.I.C.E. O xogo vendeu máis de 20 millóns de unidades ata outubro de 2024.

Acollida

It Takes Two recibiu valoracións "xeralmente positivas" de acordo coa páxina web Metacritic. It Takes Two foi considerado un dos mellores xogos lanzados en 2021 e o mellor xogo cooperativo local dese ano por moitos seareiros.

Notas

Referencias

Categoría:Videoxogos de 2021 Categoría:Videoxogos multixogador Categoría:Videoxogos independentes Categoría:Videoxogos de Electronic Arts Categoría:Videoxogos de Nintendo Switch Categoría:Videoxogos de Xbox Series X e Series S Categoría:Videoxogos de Xbox One Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos desenvolvidos en Suecia Categoría:Videoxogos de PlayStation 4 Categoría:Videoxogos de PlayStation 5 Categoría:Videoxogos de plataformas