Jokin Gabilondo Garmendia, nado en Urretxu o 9 de abril de 1999, é un futbolista vasco que xoga como lateral dereito no Málaga, da Segunda División.

Traxectoria Formouse como futbolista na canteira da Real Sociedad e debutou co equipo C na Terceira División o 25 de agosto de 2018, nunha vitoria por 0-2 ante a SD San Pedro. Apareceu por primeira vez co primeiro filial na Segunda División B o 9 de novembro de 2019, no triunfo por 3-1 ante o Salamanca.

Para a tempada 2020/21 foi cedido ao Arenas de Getxo e ao seu regreso volveu ao equipo C. Ascendeu definitivamente ao B para o inicio da tempada 2022/23, co equipo na Primeira Federación.

En xuño de 2023 asinou un contrato de dous anos co Málaga CF, que viña de descender a Primeira RFEF, e acabou conseguindo o ascenso ao final da campaña.

Notas

Categoría:Nados en Urretxu Categoría:Nados en 1999 Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores da Real Sociedad B Categoría:Xogadores do Arenas Club de Getxo Categoría:Xogadores do Málaga CF