A Sociedade Británica da Medalla de Arte (en inglés British Art Medal Society —BAMS—), é unha entidade creada no Reino Unido en 1982 coa finalidade de promover a arte da medalla a través de encargas, exposicións, publicacións e eventos diversos.

A Sociedade está afiliada á Federación Internacional da Medalla de Arte."Associations Members". International Art Medal Federation (FIDEM-medals.org).

Creación Mark Jones, daquela conservador xefe do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, e Ron Dutton, medallista e escultor, foron as persoas clave na creación da sociedade,"25 years ago"". En The Medal. British Art Medal Trust. Nº 50. 2007. cando en 1982 se anunciou a súa formación no número do 19 de maio da publicación periódica numismática estadounidense Coin World.Coin World. Amos Media. 19 de maio de 1982.

Actividades

Emisión de medallas Desde a súa creación, unha das actividades máis salientables da Sociedade é a encarga de medallas a diversos escultores contemporáneos (como Lynn Chadwick, Nigel Hall ou Michael Sandle), a deseñadores de moedas (como Ron Dutton, Robert Elderton ou Michael Rizzello), a xoieiros (como Kevin Coates, Jacqueline Stieger ou Fred Rich), e a outros artistas (como o caricaturista Ronald Searle ou o poeta Hamilton Finlay). A posibilidade de adquirir estas medallas é exclusiva dos membros da Sociedade."About us ". British Art Medal Society (BAMS.org.uk).

Reunións, conferencias e programas Nos eventos e nas reunións periódicas da BANS préstase orientación e asesoría tanto a particulares como a entidades.

A Sociedade ten un programa dedicado especialmente aos estudantes e aos medallistas do Reino Unido que se achen no inicio das súas carreiras, que se complementa coa concesión dos Premios BAMS ás mellores propostas para medallas presentadas por artistas novos, que levan consigo tamén a emisión da medalla proposta."Student Medal Project ". British Art Medal Society (BAMS.org.uk). Publicacións A revista da BANS, The Medal, ten unha publicidade semestral, cun número en primavera e outro en outono. Nela publícanse artigos ilustrados acerca de medallas históricas e contemporáneas, así como noticias de actualidade relacionadas co mundo da medalla."About The Medal ". British Art Medal Society (BAMS.org.uk).

Ademais da revista, a Sociedade ten publicados diversos traballos monográficos sobre a arte da medalla, entre as que cabe salientar as seguintes:

(1992). Wohlfahrt, C. Christian Wermuth: Ein Deutscher Medailleur der Barockzeit - A German Medalist of the Baroque Age. ISBN 9780951427118 (1994). Jones, M. Designs on Posterity: drawings for medals. ISBN 978-0951427132 (1998). Eimer, C. The Pingo family and medal-making in 18th Century Britain. ISBN 978-0951427163 (2002). Attwood, P. British art Medals 1982-2002. ISBN 978-0953698837 (2012). Bourne, M. L.; Vandenbrouck-Przybylski, M. The New Medallists. ISBN 9780955889547 (2022). Attwood, P.; Bourne, M. L. Encounters with Medals: 40 Years of BAMS Conferences. ISBN 9781739081805

(2023). Bourne, M. L. Making Modern Art Medals. ISBN 978-1739081812 Medalla do Presidente e Premio Marsh

Concesión conxunta Desde 2009 e ata 2013, a Sociedade Británica da Medalla de Arte outorgaba conxuntamente estes dous premios, e a partir dese ano a súa concesión pasou a ser separada. Os gañadores do premio conxunto foron os seguintes:"Winners of the President's Medal & The Marshall Award ". British Art Medal Society (BAMS.org.uk).

2009: Museo Británico. 2010: Francis Dineley. 2011: Thomas Fattorini Ltd. 2012: Bogomil Nikolov. 2013: Simmons Gallery.

Medalla do Presidente Trátase da máxima honra da BAMS, que recoñece con ela as contribucións sobresalientes realizadas á promoción e á comprensión da arte medallística. Concédese a persoas e organizacións que demostrasen un compromiso constante co estudo das medallas históricas ou coa produción de medallas contemporáneas. 2014: Worshipful Company of Founders. 2015: Worshipful Company of Cutlers. 2016: Escola de Arte da Universidade de Falmouth. 2017: Museo da Royal Mint. 2018: Stephen Scher. 2019: Brian Hill. 2020: American Numismatic Society. 2021: Parviz Tanavoli.

Premio Marsh O Premio Marsh para o Fomento da Arte da Medalla está xestionado polo Marsh Charitable Trust en colaboración coa BAMS. O seu obxectivo é recoñecer a contribución significativa dunha persoa ou organización á comprensión, a apreciación e o fomento da arte da medalla. 2014: Andrew Griffiths. 2015: Arnold Nieuwendam. 2016: David Reid. 2017: Kate Harrison. 2018: Lucy Willow. 2019: Giles Last. 2020: Lisa McGovern. 2021: Dauvit Alexander. Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de asociacións numismáticas Federación Internacional da Medalla de Arte

Ligazóns externas Sitio web da BAMS

Categoría:Asociacións numismáticas Categoría:Sociedades científicas Categoría:Cultura do Reino Unido Categoría:Organizacións sen ánimo de lucro Categoría:Medallas