O río Pereiro é un afluente do río Ulla que discorre polos concellos de Vedra e Teo na provincia da Coruña. Fórmase na unión do río Saramo e o Rego do Foxo, na parroquia de Vedra e desemboca no Ulla en Agromaior, xa no concello de Teo. O Saramo nace en Santiago de Compostela, pasa por Boqueixón e en Vedra únese co Pereiro. Conta cunhas fervenzas en Lestedo chamadas Cascada ou Fervenzas do Muíño da Serra que salvan unha altura de oito metros que caen cunha peculiar forma en "x" e outras máis pequenas na parroquia de Vedra por onde discorre parte da Ruta do Pereiro. Moi preto atópanse os restos dun antigo muíño de auga. Algunhas fontes confunden ou nomean o río Saramo como Pereiro e viceversa.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Pereiro Categoría:Vedra Categoría:Teo