A Encyclopedia of Mathematics (tamén EOM e anteriormente Encyclopaedia of Mathematics) é unha grande obra de referencia en matemáticas.
Visión xeral A versión de 2002 contén máis de 8 000 entradas que abranguen a maioría das áreas de matemáticas a nivel de posgrao, e a presentación é de natureza técnica. A enciclopedia está editada por Michiel Hazewinkel e foi publicada por Kluwer Academic Publishers ata 2003, cando Kluwer pasou a formar parte de Springer.
A enciclopedia foi traducida da Matematicheskaya entsiklopediya soviética (1977) editada orixinalmente por Ivan Matveevich Vinogradov e ampliada con comentarios e tres suplementos engadindo varios miles de artigos.
Ata o 29 de novembro de 2011, unha versión estática da enciclopedia podía ser consultada en liña gratuitamente.
Wiki da Encyclopedia of Mathematics Desde 2011 está dispoñíbel unha nova versión dinámica da enciclopedia como wiki pública en liña. Esta nova wiki é unha colaboración entre Springer e a Sociedade Europea de Matemáticas. Esta nova versión da enciclopedia inclúe todos os contidos da anterior versión en liña, mais agora todas as entradas poden actualizarse publicamente para incluír os máis novos avances en matemáticas. Os membros dun consello editorial seleccionado pola Sociedade Europea de Matemáticas supervisará a precisión do contido de todas as entradas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos On-Line Encyclopedia of Integer Sequences Ligazóns externas sitio oficial
Categoría:Publicacións en liña de matemáticas