Potsdam é unha cidade de Alemaña, capital do Land de Brandeburgo, situada moi preto de Berlín, nas beiras do río Havel. Ten 148.000 habitantes.
Historia Mentres Prusia foi un Estado independente, Potsdam foi a residencia real ( o pazo real era Sanssouci, aínda sobrevivente), conservándoo logo da unificación alemá (1871). Perdería esa situación en 1918, logo da primeira guerra mundial, e a conseguinte abdicación de Guillerme II. Entre xullo e agosto de 1945 foi sede da conferencia celebrada entre as potencias vencedoras da segunda guerra mundial.
Lugares de interese Os pazos de Sanssouci e de Mármore, e mais os parques, foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web do concello de Potsdam .
Categoría:Cidades de Brandeburgo