The Wise Little Hen é unha curtametraxe de animación de 1934 de Disney dirixida por Wilfred Jackson, pertencente á serie de animacións Silly Symphonies. Baséase na fábula The Little Red Hen e a animación supón o debut do Pato Donald, quen baila "The Sailor's Hornpipe". Donald e o seu amigo Peter Pig tentan evitar o traballo finxindo dores de estómago ata que a señora Hen lles ensina o valor do traballo.

Personaxes Florence Gill como The Wise Little Hen Clarence Nash como Pato Donald, Peter Pig Pinto Colvig como Peter Pig (gorlidos)

Notas

Véxase tamén Bibliografía "Silly Symphonies". Silly Symphonies - The Encyclopedia of Disney Animated Shorts. N.p., n.d. Web. 1 de febreiro de 2017.

Categoría:Filmes de 1934 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Wilfred Jackson Categoría:Filmes producidos por Walt Disney