Constantino Vázquez Rojo, nado en Pontedeume o 31 de agosto de 1832 e finado na Coruña o 27 de decembro de 1885, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de José Vázquez Bugueiro e neto de Andrés Rojo del Cañizal. Fixo en Pontedeume os primeiros estudos. Matriculouse en Leis na Universidade de Santiago de Compostela, rematando a carreira na Universidade Central de Madrid en 1856. Ingresou no Corpo Xurídixo Militar en 1858, foi fiscal do Xulgado de Guerra da Capitanía Xeral de Galicia e Auditor de guerra en 1874. Foi deputado provincial. Foi gobernador civil interino da Coruña en 1865, sendo nomeado gobernador civil da Coruña o 18 de xuño de 1872. Foi elixido deputado polo distrito de Cambados nas eleccións de agosto de 1872. Volveu ser gobernador civil interino da Coruña en 1874. Foi decano do Colexio de Avogados da Coruña. Finou na Coruña o 27 de decembro de 1885.Gaceta de Galicia, 29-12-1885, p. 2.La Voz de Galicia, 29-12-1885, p. 3.
Vida persoal
Casou en 1858 con Rosario Leis Gil-Taboada, herdeira do pazo de Moruxo, e foi pai de Rosario, Milagros, María, Constantino, Ramón, José e Jesús Vázquez Leis. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Nados en 1832 Categoría:Finados en 1885