A pica de Blyth (Anthus godlewskii) é un ave paseriforme de mediano tamaño que se reproduce en Mongolia e zonas veciñas da China, Tíbet e India. É unha ave migradora a grandes distancias, que se despraza ás zonas baixas abertas do sur de Asia. No oeste de Europa é unha rara ave vagante e está incluída na lista das aves ibéricas.
É unha pica grande principalmente marrón na parte dorsal e clara na ventral, pero é moi difícil distinguila no chan, pasando desapercibida. É moi similar á pica de Richard (Anthus richardi), pero lixeiramente máis pequena, de patas máis curtas e bico escuro máis curto. O seu voo é potente e directo, e emite unha chamada característica que soa aproximadamente "pshii", de ton máis alto que a que emite a de Richard.
No sur de Asia, en inverno cómpre fixarse moito para distinguila doutras picas grandes que pasan o inverno ou son residentes na área, incluíndo a pica de Richard. A pica de Blyth é insectívora.
Esta ave recibe o seu nome en honra do zoólogo inglés Edward Blyth. O nome do xénero Anthus é a palabra latina para designar un paxaro pequeno das praderías. O adxectivo específico godlewskii fai referencia ao nobre polaco e naturalista de campo Victor Godlewski.
Galería
Notas
Véxase tamén
Identificación Heard, Chris (1995) Unravelling the mystery Birdwatch 41:20-24 Page, Doug (1997) From the Rarities Committee's files: problems presented by a pale Blyth's Pipit British Birds 90(10):404-409
Categoría:Motacílidos Categoría:Animais descritos en 1876