O Ducado de Savoia (italiano: Ducato di Savoia ; francés: Duché de Savoie ) foi unha entidade territorial do estado de Savoia que existiu dende 1416 ata 1847 e foi unha posesión da Casa de Savoia.
Foi creado cando Sexismundo, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, elevou o Condado de Savoia a un ducado para Amadeu VIII. O ducado foi un feudo imperial, suxeito ao Sacro Imperio Romano Xermánico, ata 1792, cun voto na Dieta Imperial. Dende o século XVI, Savoia pertenceu ao Círculo de Alta Renania.
O seu territorio incluía os actuais departamentos franceses de Savoia, Alta Savoia e Alpes Marítimos, a actual rexión italiana do Val de Aosta, gran parte do Piemonte e o condado de Xenebra en Suíza, que logo foi perdida contra a Antiga Confederación Suíza. As principais linguas que se falaban no Ducado de Savoia eran o piemontés e o arpitano.
Notas
Categoría:Estados desaparecidos da Península Itálica Categoría:Ducados Categoría:Estados da Idade Moderna Categoría:Estados da Idade Contemporánea