A Declaración dos dereitos do home e do cidadán (en francés: Déclaration des droits de l'homme et du citoyen) foi unha declaración de principios da Asemblea Constituínte francesa, cuxos últimos artigos foron aprobados o 26 de agosto de 1789. Foi o prefacio á Constitución de 1791.

Baseouse na teoría da vontade xeral de Rousseau e na división de poderes de Montesquieu así como nos dereitos naturais que defendían os chamados enciclopedistas.

Aínda que establece os dereitos fundamentais dos cidadáns franceses e de tódolos homes sen excepción, non se refire á condición das mulleres ou a escravitude.

Historia

A asemblea reunida en Versalles tras a convocatoria dos Estados Xerais de 1789 para achar unha solución ao déficit do estado declarouse Asemblea Nacional ao reunírense o 17 de xuño de 1789 os tres estamentos, que foron abolidos por ela. A continuación constituíuse como Asemblea constituínte e decidiu redactar unha declaración dos principios fundamentais sobre os que establecer unha nova constitución. Para esta tarefa, a asemblea reuniuse logo de aprobar os decretos de supresión dos dereitos feudais.

O 9 de xullo de 1789 o deputado Jean-Joseph Mounier propuxo que a constitución fose precedida dunha declaración. Un gran número de deputados redactaron borradores de declaración: Mounier, Target, Mirabeau, Sieyès e Gouges-Cartou.

O 4 de agosto de 1789 a Asemblea Constituínte decretou que o texto da constitución estaría precedido dunha declaración de dereitos. Tres días despois, a asemblea decidiu crear un comité formado por cinco deputados que se encargarían de revisar os diferentes proxectos de declaración, fusionalos nun único texto e facer a súa presentación a partir do 17 de agosto. Ao día seguinte foron elixidos os membros deste comité: Démeunier, La Luzerne, Tronchet, Mirabeau et Redon. O día 17 este comité presentou un proxecto de Declaración dos dereitos do home en sociedade formado por 19 artigos precedidos dun preámbulo.

Dous días máis tarde a Asemblea Constituínte decidiu que o texto sería discutido, artigo por artigo, tomando como texto de partida un borrador de 24 artigos proposto polo sexto bureau, dirixido por Jérôme Champion de Cicé. Este borrador foise modificando en profundidade co desenvolvemento dos debates. Henri Grégoire propuxo que a Declaración dos dereitos do home e o cidadán estivese acompañada dunha declaración de deberes.

Cada un dos artigos do texto final foi votado pola Asemblea Constituínte entre o 20 e o 26 de agosto de 1789. O día 20 aprobouse o preámbulo e os tres primeiros artigos; o 21, do artigo catro ao seis; o 22, do sete ao nove; o 23, o artigo número dez; o día 24 os artigos do 11 ao 13 e finalmente o día 26 aprobáronse os catro últimos artigos.

Os debates interrompéronse o 26 de agosto tras a aprobación do artigo relativo ao dereito de propiedade, co fin de deixar espazo para o debate do texto da constitución propiamente dita. Ao día seguinte, 27 de agosto, a asemblea aprobou a seguinte moción, proposta por Mougins de Rocquefort: O cinco de outubro, ante a presión dos disturbios, Luís XVI acepta a Declaración e os artigos da Constitución de 1789 que xa foran aprobados.

A Declaración dos dereitos do home e o cidadán foi promulgada polo rei o tres de novembro de 1789 a través das cartas patentes. Estaba composta por 17 artigos ós que seguían os 19 da Constitución de 1789, ademais de varios dos decretos da Asemblea Nacional, entre eles os que acabaran co réxime feudal en agosto de 1789. Foi a derradeira orde real. O 17 de novembro estas cartas patentes foron rexistradas no parlamento e na cámara de contas de París.

A Declaración, que figura como preámbulo ó texto da Constitución de 1789, mantívose como tal na Constitución de 1791.Duverger, Maurice, Constitutions et documents politiques, Paris, PUF, 1981, 9ª ed, p. 9.

Fontes

Orixe dos artigos O texto do primeiro artigo sintetiza os decretos do catro, sete, oito e once de agosto de 1789, que abolían a organización da sociedade en estamentos.

O artigo segundo proclama catro "dereitos naturais e inalienables do home", que son a liberdade, a propiedade, a seguridade e a resistencia contra a opresión. Semella tarefa difícil localizar a súa orixe exacta, dada a heteroxeneidade das teorías sobre o contrato social e as fronteiras borrosas que rodean o concepto de dereito natural, que é un dos máis importantes e dos máis difíciles de determinar. Pódese afirmar que a liberdade está ligada á idea do libre albedrío de Agostiño de Hipona e que a propiedade fora xa estudada, entre outros, por Locke no seu Tratado do goberno civil* (1690)

O artigo terceiro, que atribúe a soberanía á nación, inspírase no tema das amoestacións dos Parlamentos, achegadas polos numerosos membros do club dos "Amigos da Constitución", máis coñecido como o Club dos Xacobinos e tamén no famoso panfleto do abade Sièyes no que propuña confiar a soberanía á Nación, entidade abstracta e diferenciada da persoa física que a dirixe.

O artigo número seis, directamente inspirado na obra de Jean-Jacques Rousseau foi proposto por Talleyrand. Foi lido na tribuna do comité de constitución o 21 de agosto de 1789 e converteuse no artigo sexto da declaración de dereitos baixo a seguinte forma O décimo artigo foi proposto por Boniface Louis de Castellane, preso durante o período do Terror e o bispo Jean-Baptiste Gobel (guillotinado o 13 de abril de 1794)

O artigo número 11 foi proposto polo duque Louis-Alexandre de La Rochefoucauld d’Enville.

O artigo 16, que asociaba a Constitución e a organización da separación de poderes fai referencia a un principio que fora xa admitido coa separación das ordes espiritual, política e económica. Porén, os tres poderes políticos ós que se refire de xeito implícito, o lexislativo, executivo e o xudicial, proveñen da concepción de Montesquieu no seu O espírito das leis.

O resto dos artigos declaran certos principios xerais do dereito ou dos procedementos, como o dereito positivo, o carácter contraditorio dos procedementos ou a non retroactividade da lei penal.DDHc, article 8.

É unha obra do momento, unha proclama xeral, un texto que miraba cara ao pasado co fin de rematar co Antigo Réxime; pero tamén miraba cara ao futuro ao promover a filosofía das luces e o seu ideal racionalista.Conac, Gérard La Déclaration des droits de l’homme et du citoyen de 1789 : histoire, analyse et commentaires, Económica, 1993, 365,p. 8 ISBN 978-2-71782-483-4.

Sociedade dos amigos dos dereitos do home e do cidadán

En París fundouse unha sociedade política baixo este nome o 27 de abril de 1790 para defender e desenvolver os principios dos dereitos do home. Foi máis coñecida como o "Club des Cordeliers" debido o nome do antigo convento onde levaban a cabo as súas reunións.

Contido

Análise xeral

A Declaración está formada por un preámbulo e 17 artigos nos que se mesturan as disposicións relativas ós dereitos de varias categorías xurídicas de persoas:Jacques Godechaux, Les constitutions de la France depuis 1789, Paris, Garnier, 2006, p.26

Os dereitos dos homes (todos os homes, franceses, estranxeiros, prisioneiros ou inimigos. Este é o caso dos artigos 1,2,3,4,7,9 e 10, que retoman as disposicións sobre o chamado Ius gentium.

Os dereitos dos cidadáns (entendidos como cidadáns franceses), como nos artigos 6 e 14, que definen os dereitos civís, apelando ou reforzando as liberdades públicas.

Os dereitos da Nación (por exemplo nos artigos 3,6,12,14,15 e 16). Abranguen a soberanía, o dereito a facer leis, o dereito de organizar as forzas públicas, o dereito ao voto de impostos, o dereito á representación, da rendición de contas dos poderes e a división dos poderes públicos.

Críticas

A Declaración dos dereitos do home e do cidadán foi criticada xa desde os primeiros anos. Deste xeito Jean-Sylvain Bailly apuntaba nas súas Memorias o seguinte sobre o período de elaboración da declaración

Foi tamén criticada porque negaría o particular a expensas dun home abstracto, universal e inexistente en primeiro lugar; e por outra banda era criticada tamén polo contrario, porque non acadaría realmente a universalidade senón que se correspondería cos intereses dunha clase ou doutra parte da sociedade. Crítica de Proudhon

Na súa obra de 1840 Qu'est-ce que la propriété ?, o precursor do anarquismo, Proudhon, critica "a retórica dos novos lexisladores" que redactaran a Declaración

Proudhon concluía xa que logo que a Declaración de dereitos permitía que as desigualdades prosperasen, opoñéndose ós dereitos naturais que o propio texto afirmaba no seu primeiro artigo.

Despois el cuestiona a propiedade de xeito xeral. Esta é considerada como un dereito natural,que aparece á beira da liberdade, a seguridade e a igualdade na Declaración. Pon como exemplo os impostos, que recoñece como esenciais para manter os custos do goberno e pregúntase por que os ricos deberían pagar máis que os pobres.

Remata coa conclusión de que a propiedade non é un dereito natural.

Críticas de Burke e de Bentham

O filósofo e político conservador irlandés Edmund Burke emitiu unha severa crítica da declaración no seu texto Reflections on the Revolution in France de 1790. Burke é partidario do dereito natural, aínda que considera que ningún dereito do home pode ser directamente deducido. No seu famoso panfleto denuncia a "ficción monstruosa" que representa para el a igualdade, que non podería máis que suscitar "ideas falsas e expectativas vanas".

O filósofo inglés Jeremy Bentham, pertencente á corrente utilitarista fixo tamén unha dura crítica da Declaración na súa obra Anarchical Fallacies, escrita entre 1791 e 1795. Comenta a Declaración artigo por artigo baixo un ton irónico e mordaz. Négase a ler a Declaración como un texto normativo, pero apáñase para abordala como unha situación de feito. A súa proposta, polo tanto, é basicamente retórica. A súa crítica máis soada sobre o dereito natural a desenvolve deste xeito: este dereito non tería ningunha base ontolóxica, ningunha existencia real.Jeremy Bentham, Anarchical Fallacies, http://www.law.georgetown.edu/faculty/lpw/documents/Bentham_Anarchical_Fallacies.pdf .

Bentham está disposto a admitir o recoñecemento de dereitos subxectivos se están baseados no principio de utilidade. Porén nega toda lexitimidade "natural" ós dereitos recollidos na Declaración, que non serían máis que o reflexo das arelas daqueles que os promoveron.

Crítica marxista Karl Marx denunciou o carácter formal dos dereitos garantidos pola Declaración, priorizando a busca da igualdade real dos cidadáns. As condicións do proletariado no século XIX mostrarían que eles pouco beneficio tiraran dos efectos desta declaración, que non prevía medios efectivos que levasen a mellorar a condición obreira e que establecía dereitos que eran en teoría para todos cando só unha minoría podía exercelos no seu propio beneficio.

Deste xeito a Declaración foi denunciada por Marx en A cuestión xudía como representante dos intereses da clase individualista burguesa, que redactou a Declaración na Asemblea Constituínte. Concretamente, este sería o caso da santificación do dereito á propiedade recollido no artigo 17.

Tamén foi criticada polos Montagnards, principais autores da Declaración de 1793, que pon límites ao dereito de propiedade privada e concede máis poder ao pobo. Isto non era suficiente para Babeuf e a "Conxuración dos Iguais", considerada como o primeiro movemento de inspiración socialista, que en 1795 demandaban a colectivización das terras e dos medios de produción para pór en marcha a "igualdade perfecta". Tamén demandaban a posta en marcha da Constitución do ano I ou Constitución Montagnarde, que prevía o sufraxio universal masculino.

Dereitos das mulleres