Cantigas de amigo(s) é o vixésimo álbum do grupo galego Milladoiro publicado o 24 de xuño de 2022 baixo o selo Discmedi.

Trátase dunha escolma que recolle algunhas das pezas cantadas presentes nos seus discos anteriores xunto a unha nova canción gravada para a ocasión titulada No adro, sobre un poema de Ramón Cabanillas.

Como grupo eminentemente instrumental, a maior parte destas cancións foron interpretadas por voces invitadas, figurando nesta escolma Faustino Santalices, Olga Cerpa (Mestisay), Ana Belén, Claudia Ferronato, Harry.c, Ilduara Vicente, Kathy Mattea, Luis Tosar, Mabel Rivera, as pandereteiras de Cantigas e Agarimos, Leilía, Mafalda Arnauth, Shaun Davey and friends e o coro Ultreia.

Listaxe de cancións

Ficha técnica Gravado nos estudios Cormorán Técnico de son: José Trincado "Triki" Arranxos: Milladoiro Produtor: Manú Conde

Categoría:Álbums musicais de 2022 Categoría:Álbums de Milladoiro