A aguia esteparia (Aquila nipalensis) é unha ave rapaz grande da familia Accipitridae, que se reproduce en Rusia, Kazakhstán, Mongolia e China e migra a África, sur de Asia e Oriente Próximo, e pode aparecer como vagante en Europa. As patas ben cubertas de plumas da aguia esteparia indica que pertence á subfamilia Aquilinae.Helbig, A. J., Kocum, A., Seibold, I., & Braun, M. J. (2005). A multi-gene phylogeny of aquiline eagles (Aves: Accipitriformes) reveals extensive paraphyly at the genus level. Molecular phylogenetics and evolution, 35(1), 147–164. Esta especie considerábase antes que estaba estreitamente relacionada coa sedentaria aguia rapaz (Aquila rapax) e as dúas formas foron previamente tratadas como conespecíficas (constituía a subespecie Aquila rapax nipalensis). Esta división en dúas especies estivo baseada nas pronunciadas diferenzas de morfoloxía e anatomía; dous estudos moleculares, ambos feitos sobre un pequeno número de xenes, indican que as especies son distintas pero non están de acordo no grao en que están relacionadas.

A aguia esteparia é en moitos aspectos unha especie peculiar de aguia. É un predador especializado de esciúridos de terra nos terreos de reprodución, capturando tamén outros mamíferos pequenos e outras presas, facéndoo máis a miúdo cando os esciúridos de terra son máis escasos.Vazhov, S. V., Bachtin, R. F., Barashkova, A. N., & Smelansky, I. E. (2013). On the Study of the Steppe Eagle in the Altai Kray, Russia. Raptors Conservation, (27). En áreas con poucas árbores dos hábitats de estepa, estas aguias tenden a nidificar nunha lixeira elevación do terreo, a miúdo preto dun afloramento rochoso, pero pode tamén facelos en zonas chairas e abertas. Son a única aguia que nidifica principalmente no chan.Brown, L. & Amadon, D. (1986) Eagles, Hawks and Falcons of the World. The Wellfleet Press. . Usualmente, poñen dun a tres ovos e, nos niños que teñen éxito, un ou dous polos conseguen emplumar.Karyakin, I. V., Kovalenko, A. V., Levin, A. S., & Pazhenkov, A. S. (2011). Eagles of the Aral-Caspian Region, Kazakhstan. Raptors Conservation, (22). A aguia esteparia realiza unha migración masiva desde esencialmente toda a súa área de reprodución, trasladándose en masa polas principais vías de migración, especialmente as de Oriente Próximo, mar Vermello e os Himalaias. En inverno, aínda que isto está menos estudado que durante a reprodución, a aguia esteparia é salientable pola súa ecoloxía de alimentación indolente e case pasiva, centrándose en enxames de insectos, vertedoiros de lixo, prea e as crías semialtriciais de diversos animais, carecendo do comportamento ousado e predador das especies emparentadas.Steyn, P. (1983). Birds of prey of southern Africa: Their identification and life histories. Croom Helm, Beckenham (UK). 1983.Naoroji, R., & Schmitt, N. J. (2007). Birds of prey of the Indian subcontinent. Om Books International. Aínda que se poden ver miles de exemplares nos sitios de migración e en maior número que outras aguias da súa zona, a poboación das aguias esteparias declinou rapidamente.Weiss, N., Haviv, E., Alon, D., Perlman, Y., & Schäckermann, J. (2019). How Fast Does the Steppe Eagle Population Decline? Survey Results from Eilat, Israel. Raptors Conservation, 38. As ameazas a esta especie son o incremento de incendios na estepa e de insectos que son pragas para os niños (ambos probablemente máis frecuentes debido ao quecemento global), que poden causar o fracaso dun gran número de niños. Rivalizando con estes factores, o declive foi acentuado polas molestias e persecución dos humanos, así como polo gando que pisa os niños. As aguias esteparias en voo morren en cantidades alarmantes, especialmente na nación que é o bastión para a súa reprodución, Kazakhstán, por electrocución nos perigosos cables e torres eléctricos.Karyakin, I.V. (2018). The status of the steppe eagle in the world: "white spots" in distribution, abundance, ecology and threats. Raptor Research , (S1). Debido a estas e outras razóns, o declive desta especie pénsase que excede o 50 %. Por tanto, a especie é considerada en perigo pola IUCN. A aguia esteparia aparece no centro da bandeira de Kazakhstán e é a ave nacional de Kazakhstán e de Exipto.

Taxonomía miniatura|Unha aguia esteparia xove en Wildpark Tripsdrill, Alemaña, mostrando as súas características distintivas como as bandas claras nas ás e a gran liña da comisura do bico. A aguia esteparia describiuna o naturalista británico Brian Houghton Hodgson en 1833. Aquila é a palabra latina para aguia e nipalensis significa 'do Nepal' pola localización onde se recolleu o espécime tipo, seguramente cando migraba. Porén, Samuel G. Gmelin describira anteriormente esta especie e chamáraa Aquila mogilnik, pero, aínda que este nome tiña prioridade, considerouse incorrectamente que era un nomen dubium e despois un nomen oblitum. Pertence á subfamilia Aquilinae (aguias de patas emplumadas) e á familia Accipitridae.Li, Q., Lin, J., Li, S., Wang, Y., Li, W., & Zeng, Y. (2000). Studies on the evolution of mitochondrial DNA in 11 species of Accipitridae. Dong wu xue bao.[Acta zoologica Sinica], 46(2), 209–220.De Boer, L. E. M., & Sinoo, R. P. (1984). A karyological study of Accipitridae (Aves: Falconiformes), with karyotypic descriptions of 16 species new to cytology. Genetica, 65(1), 89–107.Lerner, H. R., & Mindell, D. P. (2005). Phylogeny of eagles, Old World vultures, and other Accipitridae based on nuclear and mitochondrial DNA. Molecular phylogenetics and evolution, 37(2), 327–346.

A aguia esteparia foi historicamente considerada conespecífica coa aguia rapaz ata que foron separadas en 1991Stresemann, E., & Amadon, D. (1979). Order Falconiformes. Check-list of birds of the world, 1, 271–425.Amadon, D. (1982). The genera of booted eagles: Aquila and relatives. Journal of the Yamashina Institute for Ornithology, 14(2–3), 108–121.Howard, R., & Moore, A. (1991). A complete checklist of the birds of the world (No. Ed. 2). Academic Press Ltd. debido a diferenzas en morfoloxía, coloración, historia vital e comportamento.Clark, W. S. (2005). Steppe Eagle Aquila nipalensis is monotypic. Bull. BOC, 125(2). As probas xenéticas reforzaron a validez desta separación. Xeneticamente, as aguias esteparias son máis basais respecto de especies relacionadas como a aguia rapaz.White, C. M., Olson, P. D., & Kiff, L. F. (1994). Family Falconidae (hawks and eagles). Handbook of the birds of the world, 2: 52–214. Unha especie fósil probablemente relacionada é Aquila nipaloides, atopada en Italia e Francia.Louchart, A., Bedetti, C., & Pavia, M. (2005). A new species of eagle (Aves: Accipitridae) close to the Steppe Eagle, from Pleistocene of Corsica and Sardinia, France and Italy. Crese que a aguia imperial oriental se hibrida coa aguia esteparia na natureza.Karyakin, I., Kovalenko, A., & Zinevich, L. (2016). The first case of successful breeding of offspring by a mixed pair of steppe eagle and imperial eagle in Western Kazakhstan and registration of probable hybrids between the steppe eagle and burial eagle in Russia and Kazakhstan. Raptor Research , (32).Szilvia, J. (2015). A parlagi sas (Aquila heliaca) és a pusztai sas (Aquila nipalensis) hibridizációjának molekuláris vizsgálata (tese de doutoramento).

Xeralmente considerouse que a aguia esteparia contiña dúas subespecies. Unha era a subespecie nomeada, A. n. nipalensis, que se reproduce na parte leste da súa distribución, mentres que a poboación que se reproduce no oeste, atopada principalmente en Kazakhstán e a Rusia europea, constituía a subespecie A. n. orientalis. Os individuos da poboación do leste son máis grandes e pesados. As aves de máis ao leste tenden a ser de cores máis escuras e a ter unha mancha máis ampla na caluga. A pesar de todo isto, os investigadores rusos e occidentais coinciden agora en que a especie é, en realidade, monotípica. Atopouse que as previamente consideradas subespecies parecen solaparse na súa área de reprodución e acaban sendo indistinguibles no punto de intersección kazakho-ruso. As principais diferenzas (tamaño, cor) poden ser explicados como variacións clinais debido ao ambiente. As poboacións reprodutoras do leste e oeste son insuficientemente alopátricas e presentan forte introgresión para ser propiamente consideradas como verdadeiras subespecies.Karyakin, I., Zinevich, L., Schepetov, D., & Sorokina, S. (2016). The population structure of the range of the steppe eagle and preliminary data on the genetic diversity of its populations and the status of subspecies. Feathered predators and their protection , (32).

Descrición miniatura|esquerda|A liña da comisura do bico da aguia esteparia é unha característica fácil para distinguila da aguia rapaz. Esta liña da comisura esténdese alén do centro do ollo a diferenza da aguia rapaz. O seu orificio respiratorio oval diferénciaa das aguias Clanga. A aguia esteparia é grande e robusta, de cor principalmente marrón escura de pescozo longo pero groso e cabeza relativamente pequena pero cun bico forte e unha longa liña da comisura do bico. Ten ás longas e unha cola alongada en vez de redondeada e patas con moitas plumas. Adoitan pousarse en posición bastante ergueita e fano en zona aberta, a miúdo utilizando árbores illadas, postes, rochas ou outros lugares altos. Pode pasar longos períodos no chan e camiñar en postura horizontal e coas puntas das ás superando o extremo da cola. O adulto é marrón con centros negros nas plumas cobertoiras grandes. Teñen normalmente áreas avermelladas ou amarelas-laranxas apagadas na caluga e parte de atrás da coroa.Dementiev, G. P., Gladkov, N. A., Ptushenko, E. S., Spangenberg, E. P., & Sudilovskaya, A. M. (1966). Birds of the Soviet Union, vol. 1. Israel Program for Scientific Translations, Jerusalem. A gran liña da comisura do bico corre ata a parte de atrás do ollo e é máis longa que en calquera outra Aquila. Os individuos xoves son case sempre máis claros que os adultos,Clark, W. S. (1996). Ageing Steppe Eagles. Birding World, 9, 269–274. de cor marrón a marrón cincenta nas partes dorsais excepto normalmente a área da caluga beixe avermellada e con puntas brancas nas grandes cobertoiras negras, ás e cola e unha banda estreita cor crema nas medianas marróns, e a parte ventral do corpo é igual que a superior ou algo máis clara. A plumaxe vai progresivamente desgastándose e cambiando á de adulto, a cal adquiren no quinto ano. Os adultos teñen ollos de cor marrón a abelá, e os xoves téñenos marróns escuros; a cera sobre o bico e os pés son amarelos en todas as idades. miniatura|Vista detallada dunha aguia esteparia xove en voo en Paquistán.

En voo levan as ás cos bordos paralelos con 7 amosegas moi alongadas. A envergadura é unhas 2,6 veces maior que a lonxitude total do corpo. Na parte superior das ás mostran unha área cincenta. Na parte inferior das ás poden ter un crecente carpal moi pequeno máis ou menos marcado. As plumas de voo son cincentas e todas teñen 7 ou 8 barras negras ben espazadas, e as dos dedos son anegradas. Na parte ventral dos adultos mostran plumas de voo grises con barras escuras e cola e puntas das ás cos bordos traseiros negros.Corso, A. (2009). Identification of some autumn raptors in Egypt. Birding World, 22, 300–308. Chegan á madurez aos 4 ou 5 anos.Clark, W. (2004). Immature Plumages of the Eastern Imperial Eagle (Aquila heliaca).

Tamaño