O rebentabois (Amanita muscariaSinónimo: Agaricus muscarius.), tamén chamado brincabois ou amanita pinta,VV. AA. (2012) Vocabulario forestal. Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo é un cogomelo tóxico, pertencente á orde Agaricales, frecuente en Galicia e en toda Europa, e caracterizado polo seu sombreiro de cor vermella ou alaranxada salpicado de numerosas pintas brancas. Tamén se coñece como brincabois, obedecendo estes nomes comúns á suposta toxicidade sobre o gando que o poida comer: Fungo pintarraxado, atola as moscas e mais o gado."Amanita muscaria", coñecida no Norte de Portugal e Sur de Galicia co nome de "brincabois" ou "reventabois" debido a que segundo conta a voz popular se unha vaca come un destes cogumelos por accidente alporízase como se estivese en cío (CASTRO CERCEDA e outros:2).
Coñécese en castelán como falsa oronjaPor oposición á oronja (Amanita caesarea), coa que se pode confundir, sobre todo cando o sombreiro está moi lavado. Outros nomes comúns son oronja pintada e agárico pintado ou matamoscas; en catalán: reig bord, reig de fageda, reig tinyós ou reig vermell; en vasco: kuleto paltsoa ou kuleto falsoa. En Francia chámase fause oronge.
O nome científico muscaria fai alusión á paralización que parecen sufri-los insectos que pousan sobre este cogomelo.
Descrición Ó nacer, a amanita ten a forma dunha pequena bóla branca e carnosa, que termina rompendo ó desenvolverse o sombreiro. Este é practicamente hemiesférico pero pouco a pouco vai estendéndose e tomando a clásica forma de paraugas, aplanado e co bordo lixeiramente estriado. A cor propia é vermella e vai clareando ó madurecer, ata cores laranxas ou amareladas. O veo branco que pechaba ese ovo inicial queda fragmentado sobre a superficie do sombreiro formando esas pintas brancas, que van desprendéndose co paso do tempo, sobre todo baixo chuvias importantes, que as arrastran. Estes restos de veo poden arrancarse facilmente.
O sombreiro é carnoso e húmido ou algo viscoso. Pode alcanzar un tamaño de 12–15 cm de altura e un diámetro de 8 a 20 cm.
miniatura|250 px|Exemplar adulto xunto a outro xuvenil Na parte inferior do sombreiro están as láminas, sempre brancas, moi mestas e co bordo interno libre Láminas libres: aquelas que presentan o bordo interno das láminas claramente separado do pé.; a esporada Esporada: conxunto das esporas desprendidas dun cogomelo. Serve para recoñece-la especie, ben pola sús cor (por exemplo, branca nas amanitas, moura no champiñón) como pola súa forma e tamaño, apreciables ó microscopio. é tamén branca. O pé ou talo, esvelto e de ata 3 cm de sección, tamén é branco, coa base engrosada e presenta un anel Anel: resto do veo que cubría o sombreiro e que nalgunhas especies permanece unido á parte alta do pé ó despregarse o sombreiro. Segundo a especie pode ser ben patente ou desaparecer. branco, membranoso, lobulado e colgante, ás veces coa marxe amarelenta e estriada. Cando o exemplar alcanza a madurez, o pé pode mostrar unha canle oca no seu interior. Como tódalas especies deste xénero, na base do pé atópase unha volva Volva: vaíña en forma de cáliz no pé dalgunhas especies de cogomelos. Pode adoptar diferentes formas ou, nalgún caso, faltar por completo. que, neste caso, adopta a forma dunha serie de rodas de vultos ou engrosamentos, tamén brancos, a modo de espullas.
A carne é insípida ou lixeiramente doce, e sen olor propio, cunha suave coloración alaranxada baixo a cutícula e branca no resto. As esporas son brancas e miden 9,5-12 por 6-8 micrómetros, lisas e non amiloides.
Diferenciación A forma, cores e, sobre todo, a presenza das pintas brancas fai que sexa fácil de recoñecer. Podería confundirse coa Amanita caesarea (comestible e moi apreciada) se chegan a desaparecer tódalas manchas brancas, da que se diferenza porque nesta última especie o pé e as láminas son de cor amarela dourada e a volva está ben desenvolvida e carnosa.
Hábitat Adoita medrar en medios húmidos e sombrizos, baixo coníferas ou frondosas (faias, bidueiros etc.), pero non é estraño atopala en espazos máis despexados. Crece en zonas baixas ata a media montaña. É frecuente o seu crecemento en grupos.
É unha especie tipicamente outonal, que aparece xa a finais de verán.
Toxicidade Considérase unha especie velenosa, con efectos tóxicos sobre o fígado e o intestino que poden chegar a ser graves pero raramente mortais. Produce tamén efectos alucinóxenos, razón pola que se consumiu desde antigo en diferentes partes do mundo.
Os efectos psíquicos que provoca débense ó seu contido en derivados isoxazólicos (como o ácido iboténico ou o muscimol) e outros, como a butofenina e a muscarina (responsable da visión deformada de formas e distancias). Entre 30 minutos e 1 hora despois de inxerilo aparecen trastornos gastrointestinais (dores cólicas e vómitos) e inmediatamente despois comezan os efectos alucinóxenos, con delirios, alucinacións e visións coloreadas e puntos de luz, nun estado semellante á embriaguez, para rematar cun forte sono ó cabo de varias horas. A concentración dos principios activos é variable dentro dun mesmo exemplar (a cutícula é máis rica có resto da carne) e segundo o hábitat onde se recolle (a máis altura, maior concentración). Tamén se dá o feito de que unhas substancias se transforman noutras ó madurar ou tras desecamento: o ácido iboténico degrádase rapidamente en muscimol, 5-10 veces máis potente e capaz de permanecer activo en exemplares desecados de varios anos.
miniatura|esquerda|Alicia no país das marabillas
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía CASTRO CERCEDA, M. L. e outros: Historia da macromicoloxía de Galicia", Sociedade Galega de Historia Natural, sen data. GARCÍA ROLLÁN, Mariano (1985): Setas venenosas. Hojas divulgativas nº 1/71 HD, Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Madrid. GARCÍA ROLLÁN, Mariano (1986): Manual para buscar setas. Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Madrid. RUIZ LEIVAS, Cristovo (2003): "Fraseoloxía e terminoloxía dos cogomelos", en Cadernos de Fraseoloxía galega, 4, 371-387. VV. AA. (1986): Setas. Editorial Blume S. A., Barcelona. VV. AA. (1993): Guía de campo de las setas. Suplemento da revista Natura'', nº 128, novembro 1993.
Outros artigos Os cogomelos na cultura popular galega
Ligazóns externas "Fungus of the Month: Amanita muscaria, the fly agaric". "Amanita muscaria (L.:Fr.) Lam. var. muscaria". "Amanita muscaria subsp. flavivolvata Singer". "Amanita muscaria". Erowid Psychoactive Amanitas. Amanita muscaria. Amanita muscaria. "Amanita muscaria, Amanita pantherina and others". "The psychedelic secrets of Santa Claus". "Fly Agaric, Father Christmas and Lunch with a Toxicologist".
Categoría:Amanita Categoría:Fungos velenosos Categoría:Fungos alucinóxenos Categoría:Fungos de Galicia Categoría:Fungos descritos en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné