Domenico Laffi, nado en Vedegheto (Savigno, provincia de Boloña) o 3 de agosto de 1636 e finado despois de 1683, foi un peregrino, viaxeiro e escritor de viaxes italiano.

Traxectoria Ordenado sacerdote, peregrinou a Santiago de Compostela polo menos en tres ocasións, nos anos 1666, 1670 e 1673, e unha a Xerusalén, nunha viaxe marítima, por Córsega, Sardeña e as costas de África, que comezou en outubro de 1678 e chegou en xaneiro de 1679. Froito desta experiencia foi a publicación en 1683 de Il Viaggio in Levante al Santo Sepolcro di N.S. G. Christo et altri luoghi di Terra Santa. Despois das súas peregrinacións a Santiago, viaxou pola Península Ibérica ata cabo Fisterra, Lisboa, Madrid e mesmo Córdoba e Granada .

Obra Viaggio a Ponente a San Giacomo di Galitia e Finisterrae (1673) Viaggio a Levante al Santo Sepolcro di Nostro Signore Giesù Christo et altri luoghi di Terra Santa (1683) Dalla tomba alla culla è un lungo passo. Viaggio da Padova ove morse il glorioso S. Antonio a Lisbona ove nacque (1691)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Camiño de Santiago

Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Nados en 1683 Categoría:Nados na provincia de Boloña