Martín Jacinto Meza, máis coñecido como Martín Tonalmeyotl, nado en Atzacoaloya (Chilapa de Álvarez, Guerrero) en 1983, é un campesiño, escritor, poeta, tradutor, locutor de radio, profesor e promotor da lingua náhuatl. Escribiu os libros Tlalkatsajtsilistle/Ritual de los olvidados (2016), Nosentlalilxochitlajtol/Antología personal (2017) e Istitsin ueyeatsintle/Uña mar (2019).

Traxectoria Martín Tonalmeyotl estudou a licenciatura en Literatura Hispanoamericana pola Universidade Autónoma de Guerrero, así como un mestrado en Lingüística Indoamericana polo Centro de Investigacións e Estudos Superiores en Antropoloxía Social (CIESAS). Na actualidade, é profesor de náhuatl na Universidade Intercultural do Estado de Puebla. Tamén foi bolseiro do programa de Estímulos á Creación e ao Desenvolvemento Artístico de Guerrero (2015/2016) e do Fondo Nacional para a Cultura e as Artes (2016/2017).

Obra Tonalmeyotl recoñécese primeiramente como campesiño, como parte dunha comunidade náhuatl. Así, a súa poesía e narrativa están imbuídas cunha fonda relación coa súa cultura e coa defensa da súa lingua. Perante a violencia que sufre o seu país e, en especial, o seu estado de Guerrero, Tonalmeyotl atopou na poesía unha forma de denunciar os problemas do seu pobo.

Por outra banda, sinala que a literatura dos pobos indíxenas debe ser tratada como calquera outra. Nas súas propias palabras:

Tonalmeyotl traballou diferentes xéneros. É articulista do suplemento Ojarasca, unha sección do xornal La Jornada. Tamén escribiu contos e poesías para varios diarios e revistas. Algúns dos seus textos foron traducidos ao inglés, ao italiano, ao portugués e ao alemán. Publicou nas revistas Círculo de poesía, Periódico de poesía de la UNAM, Tierra adentro, Letralia ou Circe, entre outros.

É autor dos libros Tlalkatsajtsilistle/Ritual de los olvidados (2016), Nosentlalilxochitlajtol/Antología personal (2017) e Istitsin ueyeatsintle/Uña mar (2019).

Coordinou tres escolmas de poesía: Xochitlajtoli/ Poesía contemporánea en lenguas originarias de México (2019), Flor de siete pétalos (2019) e 24 poetas contemporáneos en lengua náhuatl (2020). Tamén é editor de 'Xochiltlajtoli, unha serie de poesía en linguas indíxenas.

Publicacións Libros Tlalkatsajtsilistle / Ritual de los olvidados (2016) Nosentlalilxochitlajtol / Antología personal (2017) Istitsin ueyeatsintle / Uña mar (2019)

Escolmas coordinadas Xochitlajtoli/ Poesía contemporánea en lenguas originarias de México (2019) Flor de siete pétalos (2020) In xochitl in kuikatl: 24 poetas contemporáneos en lengua náhuatl'' (2020)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Lingüistas de México Categoría:Escritores en lingua náhuatl Categoría:Fotógrafos de México Categoría:Nados en 1983 Categoría:Escritores de México