Robertsfors é un concello sueco do condado de Västerbotten. A súa capital é a localidade de Robertsfors.

Un terreo primitivo bastante chan e rico en turbeiras e bosques de abetos domina o municipio, que está situado cara ao golfo de Botnia. A economía do municipio depende moito da industria manufactureira.

Ata o ano 1990 a súa poboación foi estable, pero a partir de entón a tendencia vén sendo negativa. En decembro do ano 2024 Robertsfors tiña 6 690 habitantes.

Xeografía O concello atópase na parte oriental do condado de Västerbotten e ten ao golfo de Botnia ao leste. Limita co concello de Skellefteå ao norte e co de Umeå ao sur, os dous en Västerbotten.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Västerbotten