O Penedo dos Tres Reinos (ou Fragua dos Tres Reinos) é unha elevación de 1025 metros de altitude, integrada no sistema montañoso da serra de Marabón. Toma o seu nome por ser na Idade Media fronteira entre os reinos de Portugal, León, e Galiza.

O Penedo sitúase na fronteira entre a freguesía de Moimenta e Montouto, no concello portugués de Vinhais, a parroquia de Cádavos, do concello galego da Mezquita e a localidade de Castromil no concello zamorano de Hermisende.Mapcarta Hai lobos ibéricos na área.Noticias de la Tierra del Pan - Los Lobos se Stressan

A pesar de que hoxe en día os tres reinos a que o nome da fraga alude xa non existan (Portugal tornouse unha república, e Galiza e León foron integrados no reino de España), a súa vella e secular designación mantívose inalterada. Coa aprobación do Tratado de Lisboa en 1864 estableceuse a fronteira actual entre Portugal e España (A Raia), que mantivo a fronteira de séculos nesta rexión.

Toponimia Como corresponde aos dialectos galego-surorientais o vocábulo fraga é un equivalente de penedo, rocha, con correlatos no trasmontano fraga. Fragua semella unha deformación popular.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Montañas de Galicia Categoría:Montañas de Portugal Categoría:Montañas de Castela e León Categoría:A Mezquita Categoría:Bisbarra de Seabra