Söderhamn é un concello sueco no condado de Gävleborg. A súa capital é a localidade de Söderhamn.

O municipio está dominado por unha chaira costeira lixeiramente ondulada. No extremo oeste, a chaira pasa a un terreo montañoso máis elevado. A través do concello flúe o río Ljusnan.

A principios da década de 2020 a industria forestal e madereira tiñan unha grande importancia dentro do tecido industrial do municipio, e a industria da enxeñería do concello estaba moi vinculada a ese sector.

Dende o ano 1975 a poboación de Söderhamn diminuíu, aínda que a partir de 2010 comezou a medrar levemente. No ano 2024 o concello tiña 24 545 habitantes.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Gävleborg