A rúa de Ecuador é unha vía urbana da cidade galega de Vigo. Parte da rúa de Taboada Leal e, após de cruzar en perpendicular a Gran Vía, conflúe na rúa de Vázquez Varela. A rúa, de 800 metros de lonxitude, ten entre dous e tres carrís, e percorre o ensanche vigués nas históricas parroquias de Santa María e Santiago de Vigo. Igual ca o resto das rúas do arredor, recibe o seu nome do país suramericano.

Toponimia A rúa de Ecuador recibe o seu nome do país homónimo, igual que as rúas paralelas e perpendiculares da contorna. Así, atopamos paralela á rúa Ecuador, as rúas Venezuela, Brasil, Uruguay ou Bolivia, e perpendiculares rúas coma Cuba.

Recibiu dita denominación no ano 1920.

Edificios senlleiros 200px|miniatura|Colexio Compañía de María Colexio Compañía de María. Nº 35. Edificio do Corte Inglés. Avenida de Gran Vía, Nº 25.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Plan Palacios

Categoría:Rúas de Vigo