Apio Claudio Craso Inrexilense (en latín: Appius Claudius P. f. App. n. Crassus), finado polo 349 a. C. foi un xeneral e político romano, que pertencía os Claudio Craso, unha familia da gens Claudia. Segundo o historiador Tito Livio, pronunciou un discurso perante o Senado no 368 a. C. opoñéndose sen éxito á proposta de abrir o consulado tamén aos plebeos.Tito Livio, Ab urbe condita 6.40 – 42 No 362 a. C., despois de que o cónsul plebeo daquel ano, Lucio Xenucio Aventinense, fose morto en batalla, Claudio foi nomeado ditador e fixo campaña contra os hérnicos, obtendo algúns éxitos pero con grandes perdas.Titus Livio, Ab urbe condita 7.7 – 8 Morreu pouco despois de tomar posesión do consulado no 349 a. C.
Claudio Craso era, probabelmente, o pai de Caio Claudio Inrexilense, ditador no 337 a. C. e, polo tanto, avó do censor Apio Claudio Cego.
Debates A maioría dos acontecementos históricos atribuídos á súa vida foron cuestionados. Oakley rexeita a historicidade do discurso de Claudio no 368 a. C., afirmando que nin Livio nin as súas fontes terían ningunha evidencia auténtica diso, e tamén sinala que a oposición da familia Claudia aos dereitos dos plebeos era un estereotipo recorrente na tradición romana. Oakley tamén considerou dubidosa a ditadura de Claudio en 362, pero Ferenczy aceptou como feitos históricos tanto o cargo como a campaña contra os Hernici. Outros autores tamén cuestionaron a autenticidade do consulado no 349.
O historiador Livio identifica a Claudio, o cónsul no 349 a.C., con Apio Claudio Craso, tribuno consular no 403 a. C.; mentres que Wiseman considera improbable esa duración da carreira, e Münzer suxeriu que a tradición literaria confundiu dous Apio Claudio. Segundo os Fasti Capitolini, unha lista de maxistrados elaborada durante a época do emperador Augusto, tanto o tribuno como o cónsul eran fillos de Publio e netos de Apio, mais só o cónsul recibiu o apelido "Inregillensis".
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Lista de cónsules romanos na República
Categoría:Ditadores romanos Categoría:Claudios Crasos Categoría:Cónsules da República romana Categoría:Nados no século -IV Categoría:Nados en Roma Categoría:Finados no -349