A praia do Fortiñón, tamén coñecida como praia dos Muíños de Fortiñón ou coloquialmente como praia de Saiáns, é un areal que se atopa na parroquia viguesa de Saiáns. É unha das praias de Vigo que conta con Bandeira Azul.

Características É unha praia mixta onde se practica o nudismo, de 100 metros de lonxitude e unha anchura media de 50 metros con area branca e fina. Na súa marxe dereita desemboca o regato do Lavadoiro e dende a praia pódense albiscar as illas Cíes. A súa contorna está ocupada casas e un pequeno paseo litoral.

Servizos Conta con paneis informativos, servizos de limpeza e vixilancia, duchas, rampla de acceso e bar.

Accesos Ao areal accédese en vehículo rodado pola estrada da costa de Vigo a San Pedro da Ramallosa (PO-325) e posteriormente débese acceder polo camiño do Fortiñón. Dispón dun pequeno aparcadoiro.

O autobús urbano de Vitrasa que presta servizos a esta praia é a liña L-10 e o interurbano é a liña Vigo-Baiona.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Praias da provincia de Pontevedra

Ligazóns externas Páxina do concello de Vigo Turismo de Vigo.org Federación Española de Naturismo

Fortiñón