Åstorp é un concello sueco no noroeste do condado de Escania. A súa capital é a localidade de Åstorp, que se atopa un uns 20 km ao nordés da cidade de Helsingborg.
O concello ten a industria como motor económico desde finais do século XIX.
Dende o ano 2000 o crecemento da poboación vén sendo positivo, e en decembro do ano 2024 o municipio tiña unha poboación de 16 449 habitantes.
Historia administrativa A área do concello correspóndese coa das parroquias de Björnekulla, Kvidinge e Västra Broby, todas eleas no härad de Södra Åsbo. Nesas parroquias fundáronse coa reforma municipal de 1862 concellos rurais co mesmo nome.
A localidade municipal de Åstorp estableceuse no concello rural de Björnekulla o 15 de xullo de 1887 e disolveuse en 1946 condo se creou o köping de Åstorp a través da transformación do concello rural. A localidade municipal de Kvidinge creouse o 31 de marzo de 1932 e desapareceu ao final de 1970.
Coa reforma municipal de 1952 o concello rural de Västra Broby transferíuse ao köping de Åstorp.
O actual municipio de Åstorp naceu coa reforma municipal de 1971 a través da transformación do köping de Åstorp. En 1974 incorporouse co concello de Kvidinge.
Xeohgrafía O concello de Åstorp atópase no noroeste do condado de Escania e limita cos municipios de Bjuv ao sur, Helsingborg ao oeste, Ängelholm ao norte, Klippan ao leste, e Svalöv ao sueste, todos eles en Escania
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Escania