Tibro é un concello sueco no condado de Västra Götaland, que anteriormente pertencía ao desaparecido condado de Skaraborg. A súa capital e a localidade de Tibro.
Na parte occidental do concello a superficie cha do leito rochoso está cuberta por terras cultivadas de arxila, area e turba polas que discorre o río Tidan en dirección norte-sur. A morena cuberta de bosques de coníferas domina a parte oriental máis montañosa de Tibro, onde se atopa o lago máis grande do municipio, o Örlen. Ao leste do Örlen hai varios exemplos de paisaxes agrícolas antigas. A industria do moble ten unha forte tradición no municipio que se remonta á década de 1850, e durante os anos 50 e 60 a industria experimentou unha enorme expansión. A principios da década de 2020 había tamén unha industria de servizos en crecemento.
Dende a fundación do concello en 1871 a poboación do concello mantívose relativamente estable e en decembro do ano 2024 Tibro tiña 11 338 habitantes.
Historia administrativa A área do concello correspóndese coa das parroquias de Kyrkefalla e Ransberg.Nesas dúas parroquias creáronse coa reforma municipal de 1862 concellos rurais co mesmo nome.
A localidade municipal de Tibro estableceuse no concello rural de Kyrkefalla o 20 de outubro de 1923 e disolveuse en 1947 cando se creou o köping de Tibro a través da transformación do concello rural.
Coa reforma municipal de 1952 o municipio de Ransberg integrouse no concello rural de Mölltorp.
O actual concelo de Tibro formouse coa reforma municipal de 1971 a partir do köping de Tibro e dunha parte do entón disolto concelo rural de Mölltorp (a parroquia de Ransberg).
Xeografía O concello de Tibro está situado na parte oriental da provincia histórica de Västergötland. Tibro limita ao norte co municipio de Töreboda, ao leste co de Karlsborg, ao sueste co de Hjo e ao oeste co de Skövde, todos no condado de Västra Götaland. O río flúe de sur a norte, en parte como fronteira co municipio de Skövde.
Topografía e hidrografía O granito e o gneisgranito conforman o leito rochoso da zona. Na parte occidental do concello a superficie cha do leito rochoso está cuberta de solos arxilosos cultivados no suroeste e solos areosos e turbas no noroeste. A través da parte occidental flúe o río Tidan en dirección norte-sur, o cal está en parte rodeado de prados húmidos ao sur da vila de Tibro. A morena cuberta de bosques de coníferas domina a parte oriental máis montañosa de Tibro, onde se atopa o lago máis grande do municipio, o Örlen. Ao leste do Örlen hai varios exemplos de paisaxes agrícolas antigas. Un tramo de dorsais de morenas marxinais, deltas e dorsais de pedras, pertencentes ás morenas terminais centrais suecas, atravesa Tibro en dirección leste-oeste.
Conservación da natureza Os traballos de conservación da natureza en Tibro dirixíronse durante a década de 2000 á posta en marcha de proxectos “co obxectivo de mapear a rica flora e fauna que se atopa no municipio e determinar calquera necesidade de protección das zonas”.
No ano 2025 había dúas reservas naturais no concello de Tibro: Ruderskogen e Lerstugesjön.
Divisións administrativas Ata o ano 2016 para cuestións de informes de poboación o concello estivo dividido en dúas concregacións: Ransbergs e Tibro. A partir dese ano Tibro divídese no seu lugar en dous distritos do mesmo nome: Ransberg e Tibro.
Localidades No ano 2024 o 84,4 por cento dos habitantes do concello vivían nalgunha das súas localidades, unha cifra lixeiramente inferior á da media do país que ese ano era do 87,8. Segundo a delimitación de áreas urbanas da Oficina Central de Estadística de Suecia (SCB) en 2023, había tres áreas urbanas no municipio de Tibro: NrTätortPoboación1Tibro8 5882Fagersanna7233Bråbacka252
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Västra Götaland