Trelleborg é un concello sueco no condado de Escania. A súa capital é a localidade de Trelleborg, situada a uns 30 quilómetros ao sur de Malmö.

A zona que conforma o concello ten algúns dos solos máis fértiles de Suecia e é unha zona claramente agrícola. O porto da súa capital, con conexións internacionais de ferry, caracteriza a actividade económica local. No porto establecéronse empresas de transporte de mercadorías.

Dende a súa fundación en 1871 e ata a metade dos anos 80 o concello perdeu poboación. Despois a tendencia cambiou e o seu número de habitantes aumentou ata o presente. En decembro de 2024 vivían no municipio 47 269 persoas.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Escania