Unha panera é un tipo de construción rural propia de Asturias feita sobre piares para almacenar os cereais. Estímase que apareceu arredor do século XVI coa mellora económica e das colleitas, polo que naceu como unha versión meirande do hórreo asturiano. As paneras están apoiadas en 6 ou máis piares e son de planta rectangular. Porén, a distinción estrita entre o hórreo e a panera non é o número de piares, senón o tellado. Os hórreos asturianos teñen tellados a catro augas que se unen no punto superior, mentres que as paneras teñen un tellado con cume.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Hórreo asturiano

Categoría:Hórreos Categoría:Arquitectura en Asturias