Secundino Fernández Gómez, nado na Peroxa cara a 1896, foi un carpinteiro e sindicalista galego.

Traxectoria Carpinteiro en Ourense afiliado ao Sindicato da Madeira. Foi elixido depositario da directiva da Federación de Sociedades Obreiras de Ourense en 1926,Heraldo de Galicia, 28-3-1926, p. 2. sendo procesado en marzo dese ano por "tenencia e circulación de folletos de propaganda anarquista e comunista".La Zarpa, 7-3-1926, p. 6. En xaneiro de 1930 foi elixido contador da directiva da Sociedade de Carpinteiros,El Pueblo Gallego, 29-1-1930, p. 9. e en outubro dese mesmo ano era secretario segundo da directiva da Casa do Pobo.Galicia, 16-10-1930, p. 7. Na República foi elixido contador da directiva da Casa do Pobo de Ourense en 1931,Vida Gallega, 30-5-1931, p. 45. da que despois foi presidente. En 1936 era vogal do Sindicato da Madeira.El Pueblo Gallego, 12-2-1936, p. 9. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 21 de xullo, sendo excarcerado o 5 de agosto. Volveu ingresar en prisión o 22 de xaneiro de 1937 acusado de ser un dos autores dos cortes dos cables de luz o día da proclamación do estado de guerra. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941,BOE, 7-11-1941, p. 4083. sendo sobresido en febreiro de 1943 ao ser declarado insolvente.

Volveu ser detido o 7 de febreiro de 1945 procesado por rebelión na Causa 94/1945 da Coruña, e saíu o 5 de maio.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Expediente de responsabilidades políticas de Secundino Fernández Gómez, Armando Fernández González, Miguel Formigo Vázquez, Ceferino Fuentes Pérez, Cástor Gómez Pérez, José Guede Franco, Ramón Iglesias Mar, Alfonso Gayoso Frías, Julio Navares Castro e José Villar Lafuente.

Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Peroxa Categoría:Nados en 1896

Categoría:Finados en ano descoñecido