Anxo Iglesias Mariño, nado en Vigo en 1967, é un escritor e docente galego.

Traxectoria É profesor de Educación Física no IES Auga da Laxe de Gondomar. É membro fundador da asociación Espazo Lectura, coordinou desde 2008 ata 2015 o Club de Lectura Compartida Lendo Contigo. Forma parte do grupo de música infantil A Banda dos Cueiros.

Obras

Infanto-xuvenil

Unha nova dimensión (2022). Vigo: Xerais. 104 páxs. ISBN 978-84-1110-207-0. ePub: ISBN 978-84-1110-213-1. Ilustracións de María Montes. Poesía. Tacón, punta, tacón (2025). Vigo: Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-1110-651-1. ePub: ISBN 978-84-1110-655-9. Ilustracións de Laura Romero. Poesía.

Premios

Premio Merlín de Literatura Infantil 2022.

Notas

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1967 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Profesores de educación secundaria