Mónica Caldeiro, nada en Barcelona en 1984, é unha poeta, artista escénica, escritora, investigadora e tradutora galega.
Traxectoria
Estudou Filoloxía Hispánica en Barcelona, París e Santiago de Compostela. Rematou o DEA en Filoloxía Inglesa especializándose en literatura norteamericana e afroamericana do século XX. A súa tese estudou o teatro de Zora Neale Hurston. No ano 2011, foi poeta residente no programa de «Spoken Word» do Banff Centre. A súa obra atópase en constante proceso de experimentación co texto poético e coa súa encarnación física. Especializouse no ámbito da tradución literaria (poesía e ensaio) e na tradución médica. Traduciu ao castelán a Ted Berrigan e Joanne Kyger, e ao catalán a Charles Bernstein.
Como poeta escénica ten recitado en múltiples escenarios, como Barcelona, París, Nova York, San Francisco, Montreal...
Obras (poesía)
Galego
Estudo sobre o voo dos corzos (2025). Vigo: Xerais. 96 páxs. ISBN 978-84-1110-672-6. ePub: ISBN 978-84-1110-678-8. Unha disección da beleza vulnerábel, unha análise poética da violencia na cultura humana e na cultura da natureza.
Obra colectiva
Lupercais: Unha antoloxía posible (2023).Chan da Pólvora.
Castelán
Vaginas, cartografías y asteroides (2013). Editorial Isla Negra. La música de los planetas (2015). Ya lo dijo Casimiro Parker. AVISPERO (2018). Varasek Ediciones. Latitud Sur (2021). Varasek Ediciones. Accident(ade)s de Crema(r) (2023). RIL Editores.
Antóloga
Como cantan las piedras: muestra de poesía gallega contemporánea (2012). Editorial Isla Negra.
Catalán
Accident(ade)s de crema(r) (2023). RIL Editores
Notas
Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1984 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá