Razón foi un periódico quincenal que foi editado en Lalín entre 1933 e 1934.

Historia e características Subtitulado Periódico independiente, apareceu o 18 de xullo de 1933. De tendencia republicana e galeguista, estaba dirixido por Jesús Iglesias Surribas. Entre os seus redactores figurou Xesús Froiz. Ramón de Valenzuela e Manuel González Rodríguez foron algúns dos seus colaboradores. Editábase na imprenta de Celso Carrón. Cesou a súa publicación nos primeiros meses de 1934.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra Ligazóns externas Con Razón: Viva a República artigo de Manuel Igrexas.

Categoría:Prensa escrita de Lalín Categoría:1933 en Galicia