A Universidade de Ōsaka (en ), tamén coñecida como UOsaka ou Handai (阪大), é unha universidade nacional de investigación situada na cidade de Ōsaka, no Xapón. A entidade orixinouse coas institucións Tekijuku (1838) e Kaitokudō (1724), fundadas no período Edo; porén, estableceuse oficialmente en 1931 como unha das seis universidades imperiais, con dúas facultades: Ciencias e Medicina. Tras a reforma educativa da posguerra, integrouse con outros institutos para conformar unha universidade con cinco facultades: Ciencias, Medicina, Dereito e Economía, Letras e Enxeñaría. No 2007, incorporou tamén a Universidade de Estudos Estranxeiros de Ōsaka, converténdose na maior universidade nipoa en número de alumnado de grao.
A Handai é unha das institucións de investigación máis produtivas do país. Moitos eruditos e científicos estudaron ou traballaron nela, como o premio Nobel de Física Hideki Yukawa, o mangaka Ōsamu Tezuka, o gañador do premio Lasker Hidesaburō Hanafusa, os escritores Ryōtarō Shiba e Seishi Yokomizo, ou o descubridor do linfocito T regulador Shimon Sakaguchi.
Categoría:Wikipedia:Artigos con coordenadas en Wikidata Categoría:Universidades do Xapón