Gunnhild Øyehaug, nada en Volda o 9 de xaneiro de 1975, é unha poeta, escritora e profesora norueguesa.

Traxectoria A súa primeira obra, a escolma de poesía Slaven av blåbæret (en ), publicouse en 1998. O seu segundo libro, Knutar (en ), unha colección de contos, saíu do prelo en 2004. Recibiu o premio Brage da Asociación de Editores de Noruega.

Øyehaug estudou un mestrado en Literatura Comparada pola Universidade de Bergen. Foi coeditora de Vagant, unha das principais revistas literarias do seu país, e traballou como crítica literaria dos xornais Morgenbladet e Klassekampen. Ensinou Teoría da Literatura na súa alma máter. Tamén é editora da revista Kraftsentrum.

En 2015, adaptou a súa novela Vente, blinke (en ) a un guión cinematográfico no que se basea a película Kvinner i for store herreskjorter (en ).

Publicacións Slaven av blåbæret (1998) Knutar (2004) Stol og ekstase (2006) Vente, blinke (2008)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1975 Categoría:Alumnos da Universidade de Bergen Categoría:Escritores en lingua norueguesa Categoría:Escritores de Noruega